|  | | | | | Rúa Esperanza, peonil ¿para que serva de aparcadoiro? Vm | | | |
Os municipais de Ponteareas seguen mirando ao ceo. E senón que me digan se é posible que as oito da tarde, onte, a entrada da rúa peonil Esperanza estivera chea de coches. Estamos en agosto e hai sitios onde aparcar pero, claro, como non pasa nada a xente desafía o perigo.
Pois a ver se se deixan ver máis a policía municipal que en Ponteareas existen rúas que a Rosalía de Castro, onde é o único lugar onde se ve que ordenan algo o tráfico os axentes municipais. Por certo, no primeiro tramo porque pola praza do Axente Comercial tampouco se deixan ver e non atallan o que pasa arredor da cafetería Mikao. Noutros lados como moito vense paseando, fumando e parolando (non sempre, nin todos, claro).
Ao mellor é que agora están permisivos ata o comezo de setembro. Non sei pero fai falta mano dura. |