|
Creo que si. A xulgar polo máis dun ano que levan sen plantar estas dúas oliveiras diante dunha empresa de transformación de pedra no polígono do Porriño. Trasplantadas de quen sabe onde están as oliveiras fartas de ver pasar vehículos industriais e turismos e os seus propietarios non se deciden a plantalas. ¡E nin siquera están a venda!
Se os animais se vixía os malos tratos, por que non as prantas e máis a estas árbores que poderían ser centenarias. ¿Pódese ter tan pouco corazón para telas así meses de meses cun mínimo de terra? ¿Non habería que sancionar ao propietario? ¿Pensa que é pedra coma a que comercializa?
Desde logo esta oliveiras merecen un acto de desagravio porque xa levan sufrido demais. E nós cando pasamos no coche tamén, se temos sensibilidade, sufrimos con elas. |