29/08/2008 En estado lamentable Carretera que enlaza con la de Puxeiros-Peinador a la altura del C.D.L. baja A Faquiña se encuentra en unas condiciones lamentables. El estado del asfalto y del alcantarillado puede suponer un peligro tanto para los conductores como para los peatones.
25/08/2008 Descargar en plena rúa En Salvaterra, descárgase na rúa en non pasa nada. Como este camión, esta mesma mañá, na rúa Castelao. Por riba de ter meses e meses cortada nun sentido a rúa por unha obra de construcción que ocupa a metade da vía pública, resulta que un camión é descargado en plena rúa co perigo que supón para todos, conductores e peóns. O peor é que non pasa nada e son moitos os casos que se repiten no centro do municipio. ¿Alguén viu un poli municipal?
23/08/2008 O 'aillamento' da igrexa de Santa Eulalia
O contorno da igrexa de Santa Eulalia de Mos está impracticable no seu camiño cara ao Norte do templo.
Lembras os veciños que antes pasaban os carros, os discapacitados e podían entrar os da finca sen ter que realizar manobras estrañas e dificultosas.
Isto está no contorno do palacio de Mos que se quere inaugurar o vindeiro 26 de septiembre. Non cremos que ni o coche oficial de Touriño poda entrar no recinto agás de que Caride lle deixo o todo terreo para visitar polígonos tan accidentados como o de Mos.
19/08/2008 ¿Pechando a entrada dunha rúa peonil?
Os municipais de Ponteareas seguen mirando ao ceo. E senón que me digan se é posible que as oito da tarde, onte, a entrada da rúa peonil Esperanza estivera chea de coches. Estamos en agosto e hai sitios onde aparcar pero, claro, como non pasa nada a xente desafía o perigo.
Pois a ver se se deixan ver máis a policía municipal que en Ponteareas existen rúas que a Rosalía de Castro, onde é o único lugar onde se ve que ordenan algo o tráfico os axentes municipais. Por certo, no primeiro tramo porque pola praza do Axente Comercial tampouco se deixan ver e non atallan o que pasa arredor da cafetería Mikao. Noutros lados como moito vense paseando, fumando e parolando (non sempre, nin todos, claro).
Ao...
18/08/2008 ¿Serven para algo as zonas de descarga?
En Ponteareas, si. Uns particulares ocupan as 9.30 da mañá de onte luns a zona de descarga e os que verdadeiramente han de descargar teñen que facelo enriba dos pasos de cebra e dos accesos dos discapacitados. E aos que están aparcados fóra do sitio non hai un axente municipal que lles poña unha multa. Entón, ¿para que as zonas de descarga? Con este escaso respecto, mellor que non existisen.