Inicio > Otra información > Política > Elecciones Generales 08 - 9M
Case 6.500 veciños apoiaron ao partido nas eleccións do 9 de marzo

O BNG salienta o seu ascenso electoral na Comarca do Condado

por VM - 11/03/2008

O BNG manifestou a sua satisfacción tralo “ascenso electoral” acadado na Comarca do Condado, logo das eleccións do 9 de marzo, onde case 6.500 veciños apoiaron ao partido. Os nacionalistas, a través da súa responsábel comarcal Sandra Arauxo, destacan que “nun contexto moi difícil e complicado de bipartidismo entre as dúas forzas estatais”, o BNG “foi capaz de consolidar e avanzar electoralmente”, conseguindo lograr dous deputados nacionalistas.

Arauxo suliña ademais que “o medre nacionalista” no Condado e os seus concellos estivo “por enriba da media galega” e destaca avances de catro puntos en Salceda e Salvaterra ou de dous en Mondariz, Ponteareas ou nas Neves. No conxunto da comarca, na que o BNG inclúe Salceda e O Porriño, os nacionalistas lograron case 1000 votos (exactamente 917) máis que en 2004. Os nacionalistas tamén consideran positivo “o retroceso” do Partido Popular en todos os concellos da comarca.

En O Porriño, en comparación ao ano 2004 o PP tivo 4.948 votos (67 votos menos), o PSOE 3.789 (máis 410 votos) e o BNG 1.396 (43 votos menos). En Salceda, os populares conseguiron 2.463 votos, os socialistas 1.300 votos e os nacionalistas 880 votos. En Mos, 4.173 persoas votaron o PP, 3.875 votos foron para o PSdeG e 1.199 para o BNG.

 

 

    
Sobre este artículo
Subscripción
Si desea recibir en su correo las noticias publicadas en esta sección indíquenos el correo electrónico a donde desea que se le envíen



Acepto que me envíen al correo indicado las noticias que se publiquen diariamente en esta sección

Roberto Ledo Garrido
Editor y director
Móvil: 696 218 273
editordirector@grupoescomunicaciongalicia.com
Envío de comunicados:
info@grupoescomunicaciongalicia.com
© ES. Comunicación Profesional '09
     Todos los derechos reservados 

Aviso legal
Dirección de Proyectos y Protocolo
Despacho Cristina de Andrés
Calle Urzaiz, 10 - 1º Izd   -   36201 VIGO
Móvil: 669 420 280
proyectosprotocolo@grupoescomunicaciongalicia.com
Powered by: PHPCow.com