|
Mañá, xoves, presentarase na Delegación Provincial de Pontevedra de Medio Rural a 'Feira Galicia Sustentábel'. Forman parte da rede de Feiras Sustentábeis as feiras dos concellos de Forcarei, Cerdedo, Pontevedra, A Lama, Rodeiro, Cotobade, Moaña, Estrada e Ponteareareas.
En Ponteareas forma parte da rede a 'VI FEIRA DE OUTONO' que celebrarase o vindeiro 1 e 2 de Novembro, organizada por Adenco, MZS, Ecotenda Terra Viva e o Sindicato Labrego.
As feiras sustentábeis, organizadas por persoas e entidades comprometidas cunha Galicia rural moderna, teñen como obxectivos a promoción, a potenciación e a valorización dos produtos tradicionais e de tempada, á vez que apostan polo consumo consciente e impulsan a artesanía, a agricultura e a gandeiría ecolóxicas, as nosas tradicións e o patrimonio cultural inmaterial galego. |