Aqui te ven SIEX Informática
Municipios
Exterior
Magacine
Servicios
Opinión
  Inicio > Magacine > Breves

Máis de cen persoas participan nas xornadas técnicas sobre ‘Accesibilidade e Arquitectura en Centros Históricos’

por VM - 17/01/2008

As Xornadas Técnicas sobre Accesibilidade e Arquitectura en Centros Históricos: Solucións Mecánicas comezaron esta mañá con grande éxito de participación. 105 persoas participaron no ciclo de conferencias que organiza o Consorcio do Casco Vello de Vigo –participado pola Consellería de Vivenda e Solo nun 90 por ciento e polo Concello de Vigo nun 10 por ciento.

O prestixioso urbanista foi o primeiro en intervir cunha conferencia ao redor do Estudo sobre Mobilidade que se realizou para achar solucións no casco vello de Vigo. Nebot avogou por superar vellos tópicos como a peonalización ou o seu contrario o aumento de carrís para o tráfico rodado. En palabras do arquitecto, a alternativa é fuxir dos guetos e crear espazos de convivencia entre automóbiles e peóns. Esta aposta concretaríase en carrís de tránsito lento e beirarrúas axeitadas para o paseo.

Nebot considera preciso que dentro das cidades se busque a continuidade destas propostas para que non haxa illas de atención aos peóns arrodeadas por un mar de dominio absoluto dos vehículos, con beirarrúas estreitas ou paseos mal acondicionados.

A respecto de Vigo, o urbanista avogou por converter o eixo da rúa Elduayen (que fai de fronteira entre as zonas alta e baixa do casco vello) nunha arteria de comunicación onde convivan os vehículos e os camiñantes, mellorando o acceso entre ambas as zonas e dificultando a velocidade rodada. Tamén Nebot recomendou a construción de solucións mecánicas para sortear as pendentes do centro histórico. Tres ascensores, na súa opinión, mellorarían moito a mobilidade e a accesibilidade.

As xornadas inauguráronas o presidente do Consorcio do Casco Vello de Vigo e tenente alcalde de Vigo, Santiago Domínguez; a directora xeral de Fomento da Calidade da Vivenda, Encarna Otero, e o presidente da delegación de Vigo do Colexio de Arquitectos de Galicia, Salvador Fraga.

Domínguez falou do compromiso do consorcio e do Concello de Vigo por rehabilitar dunha maneira integral o centro histórico e comprometeu o apoio de ambas as institucións para levar adiante as solucións precisas de cara ao próximo futuro.

Otero salientou a necesidade de que nos procesos de rehabilitación se teñan en conta diversos factores e os traballos de recuperación estean diversificados e se acometan a un tempo. A directora xeral afirmou que o compromiso da Consellería de Vivenda e Solo vai máis alá de poñer en valor os inmobles do centro histórico.

Fraga defendeu o valor da arquitectura en Vigo e a necesidade de que a relación entre urbanismo e dinamismo social volvan á harmonía que viviron no pasado da cidade.

A partir das 16.30 horas seguen as conferencias. Despois da intervención de Nebot, Javier Ollero, redactor do Plan Especial de Planeamento e Recuperación Interior do Casco Vello de Vigo, guiou un paseo polo centro histórico da cidade.

    
Sobre este artículo
Subscripción
Si desea recibir en su correo las noticias publicadas en esta sección de VigoMetropolitano indíquenos el correo electrónico a donde desea que se le envíen


Acepto que VigoMetropolitano me envíe al correo indicado las noticias que se publiquen diariamente en esta sección

Publicidad
Publicidad
Asesoria de Empresas
Encuesta
Hay un total de 35 votos
¿Cree justificada la moción de censura del concello de Gondomar para apartar a Araúxo (BNG) del gobierno del municipio?










Publicidad
Onda Cero - balones y fogones
Asociación do Baixo Miño de Comerciantes e Empresarios
   
Contáctanos | Anúnciate

Aviso legal

© ES. Comunicación Profesional '08
     Todos los derechos reservados 
Termatalia
Powered by: PHPCow.com