Municipios
Exterior
Magacine
Servicios
Opinión
  Inicio > Breves

O Marco programa o curso para adultos 'Xentes, espazos e lugares'

por Vm - 10/10/2008

‘Xentes, espazos e lugares’ é un curso que se celebrará do 4 de novembro de 2008 ao 23 de maio de 2009, organizado conxuntamente polo Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia, e o MARCO, coa colaboración de Xerencia de Urbanismo do Concello de Vigo, que se enmarca no convenio de colaboración asinado pola Delegación do COAG en Vigo e a Fundación MARCO.

Coordinado por Xosé Manuel Rosales, este curso busca ofrecer unha visión multidisciplinar dos espazos que habitamos, contando coa visión que distintos especialistas –arquitectos, urbanistas, antropólogos, artistas plásticos, xeógrafos...– poden achegar sobre como foi e como é nosa relación creadora/destrutiva co ámbito e cos espazos que habitamos ao longo do tempo.

Información xeral

‘Xentes, espazos e lugares’

Organiza: COAG e MARCO de Vigo, coa colaboración de Xerencia de Urbanismo do Concello de Vigo

Coordinador: Xosé Manuel Rosales Noves

Datas: do 4 de novembro 2008 ao 23 de maio 2009

Nº sesións: 26 (descontados festivos e outros eventos)

NOTA: por coincidir con festivos e outros eventos, non haberá curso nas seguintes datas: 25 e 30 decembro, 6 xaneiro, 7 abril

Lugar: Salón de actos

Horario: todos os martes, de 19.30 a 21.00

NOTA: por necesidades técnicas e de contido, as sesións 3 (Audiotopías) e 8 (As feridas do territorio) comezarán ás 19.00

Prazas limitadas. Inscrición e matrícula a partir do martes 7 de outubro

Prezo de matrícula: 180 euros (desconto do 20% para membros da Agrupación de Amigos do MARCO, estudantes acreditados e membros colexiados do COAG, coa posibilidade de pago fraccionado nos prazos e condicións sinalados na ficha de inscrición.

    
Sobre este artículo
Encuesta
Hay un total de 129 votos
¿Cre que o despedimento de 900 traballadores de Citroën Vigo a final do ano, afectará negativamente á economía da nosa provincia?










Contáctanos | Anúnciate

Aviso legal

© ES. Comunicación Profesional '08
     Todos los derechos reservados 
Powered by: PHPCow.com