Municipios
Exterior
Magacine
Servicios
Opinión
  Inicio > Agenda

Última semana para visitar a exposición ‘Paixóns Privadas, Visións Públicas. Coleccións D.O. Galicia’

por Vm - 02/09/2008

Esta é a última semana na que permanecerá aberta ao público no MARCO, Museo de Arte Contemporánea de Vigo, a exposición ‘PAIXÓNS PRIVADAS, VISIÓNS PÚBLICAS. Coleccións D.O. Galicia’, unha selección de fondos de coleccións privadas de arte contemporánea de Galicia, que fora inaugurada o 30 de maio nas salas do primeiro andar, e que se clausura este domingo 7 de setembro.

A través da selección realizada polo profesor e crítico de arte Fernando Castro Flórez, comisario da mostra, PAIXÓNS PRIVADAS, VISIÓNS PÚBLICAS presenta un amplo conxunto de obras que, dende os anos oitenta ata o presente, que axuda a facer un percorrido pola historia da arte e do coleccionismo máis próximo. Máis alá da simple exhibición das obras, a exposición intenta analizar as súas particularidades e as relacións entre os seus contidos, funcionando como homenaxe e posta en valor destas coleccións. A mostra reúne un total de 115 pezas, na súa maioría pinturas, esculturas e fotografías, ademais de instalacións, vídeos, debuxos e maquetas, e supón un primeiro achegamento cara ao coleccionismo privado en Galicia, situando á vista do público obras que ata agora permanecían ocultas.

    
Sobre este artículo
Encuesta
Hay un total de 120 votos
¿Cre que o despedimento de 900 traballadores de Citroën Vigo a final do ano, afectará negativamente á economía da nosa provincia?










Contáctanos | Anúnciate

Aviso legal

© ES. Comunicación Profesional '08
     Todos los derechos reservados 
Powered by: PHPCow.com