|
O Palacete das Mendoza acollerá este martes ás 19.30 horas a inauguración dunha exposición do acuarelista Antonio Heredero, que permanecerá aberta ó público ata o vindeiro día 30.
Antonio Heredero expuxo por primeira vez na Caixa de Aforros Municipal de Vigo no ano 1967. Dende entón, alcanzou recoñecementos como a medalla de ouro da Bienal de Pontevedra e foi finalista do premio Azorín. Tamén recibiu o premio Ciudad de Puerto Rico en Nueva York (1981), foi premio Nacional de Pintura "Ejército 1986" e segundo Premio Nacional de Acuarela de Madrid.
Ó longo da súa traxectoria profesional ten exposto nas galerías de arte e salas de exposicións máis importantes de Vigo, Pontevedra, Lugo, Ourense, Ferrol, Santiago, O Grove, Baiona, Vilalba, Monforte, e Vilagarcía de Arousa.
A nivel nacional, as obras de Heredero foron colgadas en paredes de prestixiosas galerías de Barcelona, Madrid, Zaragoza, Santander, Toledo, Burgos, León, Bilbao, Puerto Banús, Marbella, Málaga, Valencia, El Escorial, Gran Canaria, Mallorca, Ibiza, Gijón, Oviedo, Sevilla, Salamanca e Ponferrada. Ademais, as obras deste artista tamén ocuparon salas de exposicións fora das nosas fronteiras chegando a Portugal, Suiza, Francia, Puerto Rico, Xapón ou Nova York. |