Municipios
Exterior
Magacine
Servicios
Opinión
  Inicio > Agenda

Os kioscos de Cogami chegan mañá a Vigo

por Vm - 20/08/2008

 

O vindeiro xoves 21 de agosto terá lugar a apertura dun novo quiosco en Vigo da Rede Galega de Kioscos da COGAMI (Confederación Galega de Persoas con Discapacidade). Dito quiosco, sito na Glorieta de Isaac Peral, é o primeiro da cidade destas características, e así Vigo súmase ás cidades galegas que contan cun quiosco de prensa dotado de aseo público accesible e adaptado a persoas con mobilidade reducida.

 

A Rede Galega de Kioscos, xa leva dez anos funcionando, conta cun total de 41 establecementos espallados por todo Galicia. Esta iniciativa naceu coa finalidade de promocionar o emprego entre as persoas con discapacidade, especialmente nos contornos rurais.

 

    
Sobre este artículo
Encuesta
Hay un total de 126 votos
¿Cre que o despedimento de 900 traballadores de Citroën Vigo a final do ano, afectará negativamente á economía da nosa provincia?










Contáctanos | Anúnciate

Aviso legal

© ES. Comunicación Profesional '08
     Todos los derechos reservados 
Piscina Municipal de Ponteareas
Powered by: PHPCow.com