Fundación Caixa Galicia
Municipios
Exterior
Magacine
Servicios
Opinión
  Inicio > Agenda

Rubén Blades ofrecerá en Vigo a súa única actuación en Galicia

por Vm - 30/07/2008
Ruben Blades, durante uno de sus conciertos. REMITIDA.

Despois de catro anos sen actuar, Rubén Blades regresa aos escenarios cunha xira europea titulada 'Panamá se queda en ti', formada por 12 concertos, dez deles en España. O único concerto que ofrecerá en Galicia será en Vigo, no Auditorio de Castrelos, este mércores ás 23.00 horas. As entradas están á venda en www.servinova.com, no teléfono 902 504 500 e na central de espectáculos a un prezo de 10 euros por anticipado e de 12 euros na taquilla.

O músico panameño, autor de clásicos como 'Pedro Navaja', estará acompañado polo grupo costarricense Son de Tikizia, e interpretará un repertorio a medida dos seus seguidores, xa que tocará os temas seleccionados polo público a través da súa páxina web.

Dende os ano 70 ata hoxe, Blades gravou máis de 20 álbumes e recolleu seis premios Grammy. Actualmente participa no goberno do seu país como ministro de Turismo.

O primeiro disco, 'Metiendo mano', con Willie Colón, convertiuse nun clásico da salsa, con temas como 'Pablo Pueblo', 'Plantación adentro' e 'Según el color'.

Nos 80, iniciou unha etapa moi vizosa, ao xuntarse con grupo Seis del Solar. Xa nos 90, lanza outro disco con Willie Colón e colabora con Los Fabulosos Cadillacs. A última parte da discografía de Rubén Blades reflicte un cantante máis madura e con capacidade de experimentar novas fusións e novos xéneros.

    
Sobre este artículo
Encuesta
Hay un total de 70 votos
¿Cree que Vigo es una ciudad ruidosa?










Contáctanos | Anúnciate

Aviso legal

© ES. Comunicación Profesional '08
     Todos los derechos reservados 

Warning: mysql_query(): 8 is not a valid MySQL-Link resource in /usr/home/vigometropolitano.com/web/cowadmin/functions/sql_functions.php on line 61

Warning: mysql_query(): 8 is not a valid MySQL-Link resource in /usr/home/vigometropolitano.com/web/cowadmin/functions/sql_functions.php on line 61
Powered by: PHPCow.com