Municipios
Exterior
Magacine
Servicios
Opinión
  Inicio > Agenda
A cita cos pallasos será do 31 de xullo ao 3 de agosto

Preto de 20 compañías encherán de humor as rúas de Vigo no Mundoclown

por Vm - 30/07/2008

Preto de 20 compañías encherán de cor e humor as rúas de Vigo durante a celebración do Mundoclown, que comeza este xoves día 31 de xullo e que se estenderá ata o 3 de agosto. A Praza da Constitución, a rúa Príncipe e o paseo do Calvario concentran o groso da programación, aínda que o Auditorio do Concello acollerá a actuación especial de Jango Edwards prevista para o venres día 1 de agosto ás 22 horas.

Da mañá á noite, o público de todas as idades poderá asistir ás funcións do Mundoclown. Antes do mediodía, ás 12, e ás 13 horas haberá pases de Maraclown, actividade que se retomará ás 18, 19, 20 e 21 horas do serán. No que respecta ao Certame, os espectáculos serán ás 20.30 horas de xoves a sábado, e conta ademais nesta xornada con outro pase ás 19.00 e ás 22 horas do domingo.

Nanny Cogorno, Capitán Maravilla e Good Idea Company serán algúns dos participantes no Certame Intergaláctico. No que respecta ao Maraclown, colaborarán 13 compañías da máis diversa procedencia.

Segundo o director artístico do Mundoclown Vigo 2008, Iván Prado, o Mundoclown, organizado polo Concello de Vigo, patrocinado por Caixa Galicia e xestionado por Coperactiva Cultural, "é a avanzadilla do Festiclown" e renderá homenaxe ao "mellor clown que pasou por Galicia", Carlo Colombaioni.

Así, dentro da programación do festival, o sábado 2 de agosto ás 22.30 horas, a Praza da Constitución acollerá a celebración dunha gala-homenaxe a quen foi o introdutor do pallaso moderno nos teatros e padriño do Festiclown. Artistas coma Jango Edwards, Cristina García, de Las Pestañas, Claudia Contín, Nanny Cogorno, Capitán Maravilla, Os Colombaíños, Os 7 Magníficos + 1 e Popín actuarán para lembrar a quen foi mentor dalgunhas destas compañías.

Por outra banda, o festival non esquece o seu carácter solidario, e por iso celebrará o domingo 3 de agosto ás 20 horas na Praza da Constitución a Gala Maraclown Solidario, co obxectivo de recadar fondos para a realización dunha caravana de Pallasos en Rebeldía aos Municipios Autónomos Zapatistas de Chiapas, en México. Ademais, proxectarase o documental 'Caminando las risas' e presentarase Pallasos en Rebeldía o xoves 31 de xullo ás 22 horas na Aula de Conferencias Fundación Caixa Galicia, en Vigo.

    
Sobre este artículo
Encuesta
Hay un total de 87 votos
¿Cree que es suficiente la partida que los Presupuestos Generales del Estado destinan a Vigo y su área de influencia?










Contáctanos | Anúnciate

Aviso legal

© ES. Comunicación Profesional '08
     Todos los derechos reservados 
Piscina Municipal de Ponteareas
Powered by: PHPCow.com