|
A Compañía Títeres Cascanueces representará a obra 'A rúa das pantasmas' este sábado 12 de xullo na praza Blanco Najera do concello de Mondariz Balneario. A actuación comezará ás 23.00 horas.
'A rúa das pantasmas' é unha aventura máis do valente e astuto Xoanciño. Nesta ocasión ten que enfrontarse a fantasmas, a aparicións e ó mesmísimo Demo. Ocorre que a casa de María, a moza de Xoanciño, é 'visitada' por estas tenebrosas figuras. Só o enxeño de María unido ás picardías de Xoanciño lograrán vencelas e desenmascaralas.
Títeres cascanueces créase en La Habana no ano 1995 por actores profesionais e alumnos do Instituto Superior de Arte (I.S.A) especializándose no formato unipersoal. Desde 1997 Títeres Cascanueces ten a súa sede en Santiago de Compostela e está formado por Patricia López Villaverde e Lázaro Duyos Jordán.
|