Municipios
Exterior
Magacine
Servicios
Opinión
  Inicio > Agenda

Obradoiros, cursos de informática e unha festa infantil, algunhas das opcións do Verán Cultural de As Neves para os cativos

por Vm - 14/07/2008

O Verán Cultural de As Neves contará con diversas actividades nas que poderán participar tanto cativos como adultos. Para os máis pequenos haberá obradoiros de manualidades, psicomotricidade, cursos de informática e internet e incluso algunha saída para gozar do contacto coa natureza. Ademais, a concellería de cultura estuda organizar unha festa infantil de playbacks. Éstas actividades desenvolveránse en horario de 10.00 a 13.30 horas e terán un prezo de cinco euros.

Ademais, durante todo o verán haberá un curso de natación para cativos a partir de catro anos de idade e tamén para adultos en horario de 12.00 a 13.00 horas nas instalacións da piscina municipal. O curso de natación será os martes e os xoves para os pequenos e para os adultos os mércores e os venres. O prezo será de 25 euros ó mes por persoa. A inscrición poderá facerse nas instalacións da propia piscina de 15.00 a 21.00 horas preguntando polo monitor-socorrista, Nacho. Tamén se poden inscribir no telecentro nos baixos do concello, xunto á biblioteca municipal de 09.00 a 14.00 horas.

Así mesmo, todos aqueles que o desexen poderán participar en cursos de manualidades que se desenvolverán os xoves de 10.00 a 11.30 horas no Centro Social. O prezo será de cinco euros por persoa. A inscrición pode facerse de 09.00 a 14.00 horas no Telecentro, nos baixos do concello. O teléfono de contacto é o 647 80 80 62.

Por último, a biblioteca municipal permanecerá aberta de luns a venres de 10:00 a 13:00 horas durante os meses de xullo e agosto.

    
Sobre este artículo
Encuesta
Hay un total de 128 votos
¿Cre que o despedimento de 900 traballadores de Citroën Vigo a final do ano, afectará negativamente á economía da nosa provincia?










Contáctanos | Anúnciate

Aviso legal

© ES. Comunicación Profesional '08
     Todos los derechos reservados 
Powered by: PHPCow.com