O Teatro Arte Livre de Vigo acolle os últimos pases de ‘Eva, Evita Perón’, esta fin de semana e os días 30 de abril e 1 de maio, despois de presentar esta versión do mito Eva Perón no I Festival Internacional de Teatro no Algarve (Albufeira) o pasado 29 de marzo representando a Galicia.
O espectáculo totalmente é diferente das montaxes de 1995 (3 Premios Compostela de Teatro) e 2006 (a obra que inaugurou o Teatro Arte Livre) e recrea cunha posta en escena voraz, dinámica e polémica as andanzas do cadáver mais ilustre da Arxentina que durante 17 anos estibo desaparecido.
En encena os dous lados do mito Evita, 2 actores, 25 escenas, 24 cambios de roupas, 28 músicas, 95 efectos de luz, 8 documentarios recreando o mito da muller que chamou a atención do mundo co seu fanatismo, arrogancia e ferocidade.
EVITA, EVA PERÓN, unha nóva versión do mito
Con Roberto Cordovani e Eisenhower Moreno
Operador de vídeo, luz e son Manuel Álvarez
TEATRO ARTE LIVRE
Rúa Vázquez Varela, 19
Tel: 986 11 44 44
www.tal2005.com
Sábado 26, ás 22.00 horas.
Domingo 27, ás 20.30 horas.
Mércores 30 de abril, ás 22.00 horas.
Xoves 1 de Maio, ás 20.30 horas
Prezo 12 euros |