Municipios
Exterior
Magacine
Servicios
Opinión
  Inicio > Agenda

Cangas acolle a obra de teatro 'O club da calceta'

por Vm - 27/03/2008
O Auditorio Municipal de Cangas acollerá esta fin de semana a representación da comedia ‘O club da calceta’, de María Reimóndez, a cargo da compañía Teatro do Morcego, dirixida por Celso Parada. Compoñen o elenco Susana Dans, Laura Ponte, Maxo Barjas, Elina Luaces, Luisa Merelas, Inma Antonio e Estíbaliz Espinosa.

 

As funcións serán o venres 28, sábado 29 e domingo 30 de marzo ás 20.30 horas. As entradas saen á venta a 4 euros ou 2 euros con carné xove, carné de estudante e mayores de 65 anos.

 

Seis mulleres moi diferentes entre si acoden a clases de calceta, un lugar onde converxen as súas frustracións pero, tamén, un lugar onde toman conciencia da súa situación e da necesidade de superala. A través dun espazo tan tradicionalmente feminino como a calceta, estas mulleres atopan no valor da unidade a forza para sobrepoñerse a un presente que as nega ou minusvalora.

 

Desde a intriga e a hilaridade, emerxe unha profunda reflexión e revisión sobre a condición feminina. Inspiradas na figura liberadora da tía Davinia, Matilde, Anxos, Rebeca, Elvira, Luz e Fernanda van facéndonos partícipes da súa historia desde un multiperspectivismo que desfai os fíos dunha sociedade machista.

    
Sobre este artículo
Encuesta
Hay un total de 126 votos
¿Cre que o despedimento de 900 traballadores de Citroën Vigo a final do ano, afectará negativamente á economía da nosa provincia?










Contáctanos | Anúnciate

Aviso legal

© ES. Comunicación Profesional '08
     Todos los derechos reservados 
Piscina Municipal de Ponteareas
Powered by: PHPCow.com