|
|
Conferencia de Francisco Ayala baixo o tÃtulo ‘Diseño sin diseñador: el descubrimiento más importante de Darwin’ |
|
|
| por Vm - 26/03/2008 | | |
O catedrático de Ecoloxía e Bioloxía da Evolución da Universidade de California e doutor Honoris Causa pola Universidade de Vigo, Francisco Ayala, impartirá mañá xoves 27 de marzo unha conferencia sobre a evolución. Baixo o título ‘Diseño sin diseñador: el descubrimiento más importante de Darwin’, Ayala afondará dende diversas perspectivas na teoría de evolución, sobre a que investiga en Estados Unidos dende 1961. A cita será no salón de actos do Edificio de Ciencias Experimentais, ás 12.15 horas.
Entre os galardóns dos que é merecedor, no seu currículo destaca a Medalla Nacional de Ciencia do Goberno Americano en 2001 ou a Medalla de Ouro Honorífica Grebor Mendel. Ademais, é membro destacado das principais academias de ciencias do mundo, como é o caso da americana, da rusa, da italiana, da española ou da mexicana. |
|
|
|
|
|
|
Encuesta |
|
|
Hay un total de 65 votos ¿Cree que la ley debería ser más rigurosa contra infractores reincidentes como 'Makelele', implicado en las muertes de Jenaro de la Fuente?
|
|
|
|
|