Municipios
Exterior
Magacine
Servicios
Opinión
  Inicio > Agenda

Amancio Prada actúa esta tarde-noite no Teatro Principal de Pontevedra

por Vm - 24/03/2008
O  ciclo de conferencias da XXV Semana Galega de Filosofía que se celebra en Pontevedra do 24 ao 28 de marzo do 2008, "Filosofía e Utopía",  no seu 25 cumpreanos, chega acompañado das Ultranoites Castelao, dúas noites de música e teatro que teñen como obxetivo dar un sentido de celebración máis alá dos actos programados habitualmente polas Semanas de Filosofía.

O primeiro invitado ás Ultranoites será hoxe, día 24 de marzo, Amancio Prada e o próximo mércores 26 de marzo, tocaralle o turno a compañía Cuarta Pared que pondrá en escea a obra "Rebeldías Posibles".
 
Para este concerto o autor levará a cabo un programa especial no que fará un percorrido pola súa discografía, incluíndo desde as cantigas dos primeiros trovadores, pasando por autores coma Rosalía de Castro ou Álvaro Cunqueiro. Amancio ademais de interpretar temas propios porá voz a temas de outros autores como Agustín García Calvo ou Chicho Sánchez Ferlosio.
 
LUGAR: Teatro principal
HORA: 22,00h
PROGRAMA: Trovadores, místicos e románticos.
PREZO: Entrada gratuíta ata completar aforo
    
Sobre este artículo
Encuesta
Hay un total de 65 votos
¿Cree que la ley debería ser más rigurosa contra infractores reincidentes como 'Makelele', implicado en las muertes de Jenaro de la Fuente?










Contáctanos | Anúnciate

Aviso legal

© ES. Comunicación Profesional '08
     Todos los derechos reservados 
Powered by: PHPCow.com