Municipios
Exterior
Magacine
Servicios
Opinión
  Inicio > Agenda
As entradas poranse á venda ás 20.00 horas

'Contos e Romances' no Teatro Municipal de Tui

por Vm - 10/10/2008

A palabra é a gran protagonista este venres, 10 de outubro, no Teatro Municipal de Tui co espectáculo "Contos e Romances" no que teñen a palabra a galega Paula Carballeira e a zamorana Victoria Gullón. A cita será ás 21.30 horas dentro da programación que organiza a Concellería de Cultura.

Ao longo de 75 minutos dúas mulleres serán as grandes protagonistas con historias propias e alleas de dúas terras diferentes pero semellantes, xa que en ambas a tradición oral ten un gran peso.

Paula Carballeira é galega. É unha das contadoras do país amais de actriz en series coma Libro de Familia da TVG, formando parte amais da compañía Berrobambán. As mulleres están no punto de mira das historias que vai relatar, e coas que percorrerá o mundo dende Galicia, a China, Xapón, Islandia. Todas tiveron un papel relevante no seu tempo.

Mentres dende Zamora chega Victoria Gullón para mesturar voz e canto en forma de romance. A súa proposta é mergullarnos no mundo da memoria e sacar del cousas esquecidas.

As entradas poranse á venda ás 20.00 horas no despacho de billetes na Área Panorámica ao prezo de 3,5 euros para adultos, 3 euros con desconto, e 2,5 euros para os menores de 14 anos.

    
Sobre este artículo
Encuesta
Hay un total de 123 votos
¿Cre que o despedimento de 900 traballadores de Citroën Vigo a final do ano, afectará negativamente á economía da nosa provincia?










Contáctanos | Anúnciate

Aviso legal

© ES. Comunicación Profesional '08
     Todos los derechos reservados 
Powered by: PHPCow.com