Municipios
Exterior
Magacine
Servicios
Opinión
  Inicio > Agenda

O profesor García Fajardo presenta en Vigo o seu libro 'Bailaré claqué sobre tus sombras'

por Vm - 09/10/2008

O profesor, escritor e xornalista José Carlos García Fajardo presenta este xoves día 9 ás 20.00 horas no Auditorio do Areal, en Vigo, o seu último libro, 'Bailaré claqué sobre tus sombras', dentro dos 'Encontros do Club', organizados polo Club Internacional de Prensa.

O doutor en Dereito pola UCM e profesor numerario de Historia do Pensamento Político e Social, de orixe vigués, foi o fundador da ONG Solidarios para o Desenvolvemento.

Ademais, foi director xeral do Departamento de Comunicación da CEOE, director de Asuntos Públicos e de Comunicación de Merck Sharp & Dhome; director de Asuntos Públicos de Petronor; xefe de Programas Culturais de TVE entre 1967 e 1975, e enviado especial de TVE e anteriormente de Europa Press a países como Exipto, Alxeria, Líbano, Siria, Xordania, Israel, Alxeria, Marrocos, Alemaña, Bélxica, Inglaterra, Iugoslavia, Estados Unidos, México, Grecia e Turquía.

No libro, García Fajardo introduce em 'Bailaré claqué sobre tus sombras' unha fábula dun vello mestre e a súa relación cun príncipe actual. Ademais é autor de 'Radiodifusión de Sonidos e Imágenes. Legislación Comparada', 'Comunicación de Masas y Pensamiento Político', 'Los Gazules', 'Encenderé un fuego para ti. Viaje al corazón de los pueblos de África', 'Manual del voluntario', 'Marrakech: una huida', 'Jhany, una búsqueda' e 'Tu nombre para mí'.

    
Sobre este artículo
Encuesta
Hay un total de 123 votos
¿Cre que o despedimento de 900 traballadores de Citroën Vigo a final do ano, afectará negativamente á economía da nosa provincia?










Contáctanos | Anúnciate

Aviso legal

© ES. Comunicación Profesional '08
     Todos los derechos reservados 
Piscina Municipal de Ponteareas
Powered by: PHPCow.com