Municipios
Exterior
Magacine
Servicios
Opinión
  Inicio > Opinión

Karzai

por Xulio Rios - 16/05/2008

En parello ao auxe do movemento talibán, que tanto preocupa e con razón ás forzas da OTAN, sexa pola permanente extensión do seu radio de acción como tamén polo destacado incremento das súas capacidades operativas, o poder do presidente Hamid Karzai, en Afganistán, semella esfumarse de forma paulatina e irremediable. Alcumado xa coma "alcalde" de Kabul por esa incapacidade manifesta para controlar de modo efectivo boa parte do territorio afgán, hoxe a expensas dos caprichos dos señores da guerra, o seu illamento político e o descrédito social vai en aumento. Sen milicia propia, confiada á súa protección persoal á garda pretoriana da firma estadounidense Black Water, secuestrado no seu palacio nunha zona de máxima seguridade da capital, Karzai, a un ano de rematar o seu mandato, presenta un balance con expectativas que ofrecen contadas esperanzas.

Sen dúbida, a maior hipoteca que pesa sobre a acción de goberno do presidente Karzai é a perda de credibilidade, froito desa inoperancia para normalizar a vida política e económica do país. Presentado ante os seus concidadáns como un home de Washington, promovido directamente polo vicepresidente Dick Cheney e os medios petroleiros estadounidenses pero avalado polo conxunto da coalición mundial contra o terrorismo, todo ese amplo respaldo non impediu que a súa lexitimidade fose deteriorándose ata niveis próximos á bancarrota. Karzai xa non, nin agora nin dende hai tempo, a voz capaz de restablecer un mínimo consenso, sequera anti-talibán, de superar os enfrontamentos que dividen o país, de pacificar os diferentes clans e integrar as súas ambicións, alentando unha reconstrución baseada no establecemento dunha economía produtiva, afastada dos cultivos de opio que hoxe constitúen outro exemplo do fracaso, propio e da estratexia internacional, no país.

Os señores da guerra, que erosionan sen acougo as promesas de Karzai, son os "patriotas" e as tropas da OTAN son forzas de ocupación. Esa é a radiografía do Afganistán de Karzai, tal como a perciben amplos sectores sociais. Con eses vimbios, sen autoridade nin poder efectivo, sen o respecto da sociedade e dos líderes tribais, con máis atentados ás súas costas (o terceiro e último o pasado 27 de abril cando presidía unha parada militar), de pouco lle ha valer a comprensión e complicidade de Occidente, novamente inmerso nunha canella de difícil saída.

    
Sobre este artículo
Encuesta
Hay un total de 32 votos
¿Cree que la crisis se dejará sentir en las rebajas de verano?










Contáctanos | Anúnciate

Aviso legal

© ES. Comunicación Profesional '08
     Todos los derechos reservados 

Warning: mysql_query(): 8 is not a valid MySQL-Link resource in /usr/home/vigometropolitano.com/web/cowadmin/functions/sql_functions.php on line 61

Warning: mysql_query(): 8 is not a valid MySQL-Link resource in /usr/home/vigometropolitano.com/web/cowadmin/functions/sql_functions.php on line 61
Powered by: PHPCow.com