|
|
Tsunami silencioso |
|
|
| por Rosa Aneiros - 07/05/2008 | | Así acaba de cualificar Ban Ki-moon, secretario xeral da ONU, o incremento progresivo do prezo dos alimentos que pode desembocar nunha auténtica catástrofe humana. A ong Acción contra el Hambre salienta que a cifra de 35 millóns de mortos anuais por falta de comida pode duplicarse en 2009, a pesar de que a produción total de alimentos abondaría para dar de comer ao dobre da poboación mundial. O desequilibrio entre os prezos da oferta e a demanda clama ao ceo. A crise alimentaria é un tsunami que axiña deixará de ser silencioso polas terribles consecuencias que trae consigo. Trinta e cinco millóns de mortos son demasiados para agochalos baixo a alfombra sempre tupida da conciencia. Máis preto, outro tsunami silencioso está a sacudir a economía galega. A traxedia dos gandeiros cunha cota mermada e uns prezos abusivos quita o sono ao mundo rural, sen que ao resto da sociedade pareza importarlle demasiado. Deixamos de producir para consumir leite francés. Iso si que é globalización, iso si que é ser cidadáns de mundo. Para a órbita do poder, a autonomía alimentaria -ser capaces de producir o que consumimos sen dependencias alleas- era unha visión absolutamente minifundista. ¡Hai que ser cosmopolita! E agora, as mans á cabeza. Como consumidores non podemos eludir a nosa responsabilidade. Deberamos mirar ben o lugar de envasado e procedencia, do leite en particular e dos produtos en xeral que consumimos. E, por suposto, a súa marca. Porque debera importarnos o que comemos e a quen lle pagamos. Porque, non sei a vostede, pero a min si me importa se os meus euros van destinados aos beneficios case íntegros dun distribuidor ou a pagar dignamente a un gandeiro. |
|
|
|
|
|
|
Encuesta |
|
|
Hay un total de 86 votos ¿Cree que la ley debería ser más rigurosa contra infractores reincidentes como 'Makelele', implicado en las muertes de Jenaro de la Fuente?
|
|
|
|
|