Municipios
Exterior
Magacine
Servicios
Opinión
  Inicio > Opinión

Hecatombre alimentaria

por Xulio Ríos - 21/04/2008
A recente e penúltima crise de Haití coincidiu coas advertencias de Jean Ziegler, relator especial de Nacións Unidas sobre o dereito á alimentación, quen sinalou nunha entrevista ao xornal francés “Libération”, que o mundo se encamiña cara un longo período de disturbios e de conflitos relacionados coa alza dos prezos e a penuria dos alimentos que provocarán a desesperanza nos sectores de poboación máis vulnerable e incontroladas ondas desestabilizadoras en numerosos países e rexións.

Segundo fontes do Banco Mundial, un total de 33 estados poderían verse afectados pola desestabilización causada pola suba dos prezos dos produtos agrícolas e enerxéticos. En Haití provocou xa a caída do primeiro ministro, pero as manifestacións violentas veñénse reiterando en Camerún, Mauritania, Etiopía, Exipto, Indonesia, Bangla Desh ... En Serra Leona, por exemplo, o arroz experimentou unha suba do 300% nas últimas semanas.

O aumento dos prezos, de persistir e prolongarse no tempo, pode conlevar tamén a liquidación dos tímidos progresos logrados nos últimos anos en materia de desenvolvemento, agravando a situación dos case 900 millóns de persoas que están gravemente subalimentadas. Cabe sinalar que o Programa Alimentario Mundial, a axencia humanitaria máis importante do planeta, presta atención a un máximo de 73 millóns de persoas. O director xeral da FAO, Jacques Diouf, apelou á mobilización dos Estados e as organizacións internacionais para conxurar esta alerta, pero pouco mais cabe agardar que novos parches e promesas que manterán intocables as causas estruturais.

A explicación do súbito aumento dos prezos, sinalou a ministra de economía gala, Christine Lagarde, está relacionada directamente coa crise financeira mundial que leva aos investidores e operadores a reforzar a súa presenza nos mercados de materias primas, enerxéticas ou agrícolas, o que impacta directamente nos prezos. Non é, pois, que aumente a demanda porque mellora a calidade de vida e os ingresos das poboacións tradicionalmente menos favorecidas, senón porque os especuladores fuxen das turbulencias doutros mercados para asegurar mellor a liquidez dos seus réditos. Aínda que sexa cun costo terrible.

    
Sobre este artículo
Encuesta
Hay un total de 86 votos
¿Cree que la ley debería ser más rigurosa contra infractores reincidentes como 'Makelele', implicado en las muertes de Jenaro de la Fuente?










Contáctanos | Anúnciate

Aviso legal

© ES. Comunicación Profesional '08
     Todos los derechos reservados 
Powered by: PHPCow.com