Municipios
Exterior
Magacine
Servicios
Opinión
  Inicio > Opinión

Convivir

por Yolanda Castaño - 18/04/2008
O Parlamento de Galicia impulsou duns meses a esta parte unha exposición itinerante que foi amosándose ao longo das sete capitais do Antigo Reino de Galicia. Demostrando que institucións coma esa non só se dedican ao que coñecemos como os entramados da política de partidos, ensináronnos que as relacións entre cidadáns teñen lugar a pé de rúa. (Ás veces esquecemos que a propia palabra ‘política’ ven de ‘polis’, e as poboacións non son máis que estruturas ligadas pola convivencia). Por iso a exposición que montaron foi, significativamente, unha mostra na rúa. Paneis con fotos, ilustracións, gráficos ou textos colocados ao aire libre nos principais paseos de Galicia.

E sempre ven ao caso reflexionarmos sobre a convivencia. Aínda que cambien as caras ou os motivos, os esquemas son os mesmos dende hai xa séculos. Hoxe entre paios e xitanos, onte entre ideoloxías, mañá quen sabe. É imprescindible educar no valor da diferencia, o factor que mellor liga para a unión do colectivo. O empeño delicado de non meter ao outro nos nosos idénticos esquemas, o valor de comprendelo sen ter que compartilo.

Convivir é unha ensinanza tan crucial como para aplicarse o mesmo ás comunidades de viciños, a distintas culturas, ós espazos compartidos entre relixións ou a pensamentos diferentes. Pero sobre todo comeza pola propia casa. Hai quen di palabras grandes pero contradise en canto chega ao fogar. Baixo uns marcos compartidos, entendamos que as diferenzas son a primeira peza do puzzle.

    
Sobre este artículo
Encuesta
Hay un total de 86 votos
¿Cree que la ley debería ser más rigurosa contra infractores reincidentes como 'Makelele', implicado en las muertes de Jenaro de la Fuente?










Contáctanos | Anúnciate

Aviso legal

© ES. Comunicación Profesional '08
     Todos los derechos reservados 
Powered by: PHPCow.com