Municipios
Exterior
Magacine
Servicios
Opinión
  Inicio > Opinión

A igualdade está en defensa

por Navia Franco - 15/04/2008
Carme Chacón perfílase como a verdadeira ministra da igualdade e non creo confundirme se lle auguro máis resultados ás súas políticas igualitarias –concentradas na práctica diaria do traballo co Exército– que obxectivos pode conseguir a responsable do Ministerio de Igualdade.

Entre o nomeamento da catalá e o da ministra Bibiana Aido hai un mundo. A primeira conseguiu, coa súa primeira vez pasando revista ás tropas, superar prexuízos e esquemas establecidos. Muller e embarazada, a súa elección dentro do gabinete de Zapatero ao fronte da carteira de Defensa significa unha verdadeira revolución non tan tranquila na consecución dunha sociedade máis igualitaria entre homes e mulleres.

Pola contra, a creación dun Ministerio de Igualdade, premeditadamente mediático e efectista a curto prazo, nace sen credibilidade precisamente por ser concibido cunha orella posta nos informativos da radio e a outra nos da televisión. “Se temos desigualdade, se morren mulleres pola violencia machista, se hai discriminación no acceso ao traballo por razón de xénero, denominemos unha carteira como da Igualdade”, tal parece que puido ser o razoamento do presidente cando quixo elevar a desigualdade a cuestión de Estado e acabou montando un ministerio das aparencias.

Suponse que detrás da creación da nova carteira seguirán as convocatorias de cursos, seminarios e axudas que reproducen unha rede ao redor da desigualdade que, segundo nos lembran as estatísticas teimudas, non está tendo moito efecto en ningún dos ámbitos nos que se desenvolven as mulleres, ou sexa, en todos.

Se isto fose un partido de fútbol, poderiamos escribir: Chacón 2-Aido 0, pero quen de verdade falla é o seleccionador, atendendo máis ás aparencias cás verdadeiras necesidades do equipo. Ademais, o partido non fixo máis que comezar e aínda hai espazo e tempo para que algunha xogadora dea a sorpresa e golee. Será ben recibida.

    
Sobre este artículo
Encuesta
Hay un total de 38 votos
¿Cree que sería bueno para la ciudad que Rafael Moneo se encargase de la reforma de la praza do Rei?










Contáctanos | Anúnciate

Aviso legal

© ES. Comunicación Profesional '08
     Todos los derechos reservados 
Powered by: PHPCow.com