Municipios
Exterior
Magacine
Servicios
Opinión
  Inicio > Opinión

Medo na estrada

por Navia Franco - 26/03/2008
Volvemos ao medo como método para educar, agora tamén na estrada. A Semana Santa rematou en Galicia cun reconto tráxico: 3 vítimas mortais en accidentes de tráfico. Hai quen ve no balance final a oportunidade de destacar o descenso do 70% respecto ao ano pasado: nas mesmas datas, despedíronse máis mortos.

O responsable da Garda Civil de Tráfico en Galicia, José Luis Ulla, apunta a que o medo (ai, o medo) dos condutores a pasaren un retiro na cadea foi unha das principais causas da redución dos accidentes no asfalto. A clave estaría para el na reforma do Código Penal, que agora considera como delitos as infraccións máis graves contra a seguridade do tráfico.

Pero cantas persoas evitan un adiantamento perigoso pensando en que os seus ósos poden ir parar á cadea? Botando hipóteses ao aire non nos gaña ninguén, por iso hai quen tamén se pregunta se non sería posible coñecer o número real de desprazamentos de coches rexistrado na semana da ponte. Daquela, poderiamos calibrar o peso real do medo a ir ao cárcere ou do carné por puntos na conciencia dos condutores.

Pola contra, se tomase corpo o presentimento de que os automóbiles se moveron menos este ano por mor da carestía dos carburantes e da vida en xeral, nin as campañas de concienciación da DXT, nin a aplicación do Código Penal aos condutores nin tampouco o carné por puntos poderían levar a triste gloria do descenso no número de mortes.

Pero o máis importante é, ao cabo, buscar a forma de concienciarnos do interese de levar a cabo unha condución segura para nós mesmos e para os demais. Neste punto, hai quen lle augura á represión pouco éxito a longo prazo e, polo contrario, unha vida longa á formación continua dos condutores.

    
Sobre este artículo
Encuesta
Hay un total de 66 votos
¿Cree que la ley debería ser más rigurosa contra infractores reincidentes como 'Makelele', implicado en las muertes de Jenaro de la Fuente?










Contáctanos | Anúnciate

Aviso legal

© ES. Comunicación Profesional '08
     Todos los derechos reservados 
Powered by: PHPCow.com