Inicio > Opinión

Tráfico recadatorio

por Xosé Antón Pérez Lema - 03/07/2009

A Administración española sempre exerceu na Galiza a súa competencia de tráfico e seguranza viaria dun xeito orientado á recadación, tanto na exacción das taxas das licenzas de conducir como na imposición de multas e sancións. A propia disposición dos controis levados a efecto pola Garda Civil de tráfico incide, a maior abastanza, nesta liña. Cando a propia Garda Civil de Tráfico ven de realizar, por mandato do Fiscal Superior de Galicia, un recente e documentadísimo estudo sobre as principais causas dos sinistros nas estradas galegas, relacionando unha amplísima maioría absoluta dos mortos e lesados en accidentes coa previa inxesta de alcohol e/ou drogas. As mortes e lesións graves orixínanse en moi grande medida pola inxesta de alcohol e drogas e non, por exemplo, pola condución a 140 kms/hora na autoestrada.

Velaí a urxencia da transferencia desta competencia a Galicia, que permitirá xestionar a nosa seguranza viaria dende a propia Policía galega, que poderá aproveitar os excelentes recursos humanos encadrados na Garda Civil de Tráfico que presta os seus servizos na Galiza. Só que despoxados da disciplina militar (incompatíbel co carácter civil que esixe a función policial en toda democracia avanzada) e encadrados nun Corpo civil e galego.

Mais unha política galega de tráfico e seguranza viaria sobarda con moito o feito de que a xestione unha Policía Autonómica. Comporta tamén, dirixir o ensino a impartir nas autoescolas á adquisición das habilidades esenciais no manexo do vehículo, así como de coñecementos básicos de mecánica e seguranza viaria, como defenden os excelentes profesionais galegos das autoescolas, no canto da orientación actual dirixida case que exclusivamente a “aprobar o exame”. Comporta que a xestión deixe de estar residenciada na mentalidade centralista e mesetaria dos directivos da DGT (e das súas catro Xefaturas de Tráfico na Galiza) para pasar a se xestionar dende as Consellarías responsábeis de Interior e de Infraestruturas viarias da Xunta.

Comporta mudar a Administración e a Policía responsábeis, que pasarán a ser a Policía e a Administración galegas. Porén, comporta, en último de contas, mudar dun enfoque predominantemente recadatorio a outro de prevención das causas que xeran a alta sinistralidade viaria que padecemos neste País.

 

    
Sobre este artículo
Subscripción
Si desea recibir en su correo las noticias publicadas en esta sección indíquenos el correo electrónico a donde desea que se le envíen



Acepto que me envíen al correo indicado las noticias que se publiquen diariamente en esta sección

Roberto Ledo Garrido
Editor y director
Móvil: 696 218 273
editordirector@grupoescomunicaciongalicia.com
Envío de comunicados:
info@grupoescomunicaciongalicia.com
© ES. Comunicación Profesional '09
     Todos los derechos reservados 

Aviso legal
Dirección de Proyectos y Protocolo
Despacho Cristina de Andrés
Calle Urzaiz, 10 - 1º Izd   -   36201 VIGO
Móvil: 669 420 280
proyectosprotocolo@grupoescomunicaciongalicia.com
Powered by: PHPCow.com