Inicio

A curtametraxe galega 'Auga' galardoada no V Festival AlExtremo Cortos de Arxentina

por VM - 14/12/2008

A curtametraxe galega "Auga", do director vigués afincado na Coruña Xosé Perozo Porteiro, Ozo, ven de ser galardoada no V Festival AlExtremo Cortos de Río Gallegos na provinicia de Santa Cruz, Arxentina coa Mención Especial do Xurado na Categoría Argumental. O xurado do certame detacou "a suma de orixinalidade argumental, síntese narrativa, excelencia técnica e economía de recursos".

Trátase do primeiro premio fóra de España desta película, que xa participou en case 50 mostras e festivais. 'Auga', estreada en Santiago de Compostela en setembro de 2007, estivo en citas tan importantes como a de Neuchâtel de Suiza, Sapporo en Xapón, o Mercado de Clermont-Ferrant e o Court-Metrange de Rennes de Francia, o Dead Channels Festival de San Francisco nos Estados Unidos e o Festival de Cine & Video Latinoamericano de Buenos Aires, entre outos. Nese periplo acadou dous premios máis, así como unha mención especial á Mellor Fotografía.

Foi rodada hai dous anos no porto da cidade coruñesa de Sada, e contou cunha axuda á produción da Consellaría de Cultura. Está protagonizada polo actor lugués Marcos PTT e o coruñés David Perdomo. O director, Ozo, traballa desde hai máis de dez anos no audiovisual galego, e actualmente desempeña labores de Axudante de Dirección ou de scri pt.

    
Sobre este artículo
Subscripción
Si desea recibir en su correo las noticias publicadas en esta sección indíquenos el correo electrónico a donde desea que se le envíen



Acepto que me envíen al correo indicado las noticias que se publiquen diariamente en esta sección

Roberto Ledo Garrido
Editor y director
Móvil: 696 218 273
editordirector@grupoescomunicaciongalicia.com
Envío de comunicados:
info@grupoescomunicaciongalicia.com
© ES. Comunicación Profesional '09
     Todos los derechos reservados 

Aviso legal
Dirección de Proyectos y Protocolo
Despacho Cristina de Andrés
Calle Urzaiz, 10 - 1º Izd   -   36201 VIGO
Móvil: 669 420 280
proyectosprotocolo@grupoescomunicaciongalicia.com
Powered by: PHPCow.com