Municipios
Exterior
Magacine
Servicios
Opinión
  Inicio > Magacine > Economía-Empresa > Laboral

O Goberno Central subvenciona con 2 millóns de euros o programa de emprego municipal 'Imos Traballar'

por Vm - 20/05/2008
O programa de emprego "Imos Traballar" contará cun investimento superior aos 2,5 millóns de euros para os próximos tres anos. O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou onte que o Goberno de España, a través do Ministerio de Administracións Públicas, decidiu subvencionar con dous millóns de euros este programa, que procura a inserción laboral dos colectivos con maiores dificultades de acceso ao mesmo mediante o uso das PDA.

O rexedor municipal cualificou de "boa noticia" a designación desta axuda, e apuntou que, cos 2 millóns de euros conseguidos para os próximos tres anos, o goberno local "multiplica" a cantidade acadada no período de goberno anterior, que ascendeu a 600.000 euros.

"Imos Traballar"

Este programa centra a súa actividade formativa nas mulleres en xeral, nos menores de 30 anos, nos maiores de 45, nos parados de longa duración e nos colectivos excluídos, tales como inmigrantes, discapacitados, mulleres maltratadas... A actividade desenvolverase nun espazo físico pero tamén no seu equivalente virtual, mediante unha PDA que será facilitada aos alumnos. A maior parte das accións formativas se impartirán utilizando o "Area Virtual" do dispositivo.

A iniciativa contempla diversos itinerarios formativos relacionados coa prestación de servizos ás persoas con dependencia, como a atención sociosanitaria, coidador de discapacitados ou especialista en atención domiciliaria infantil. Ademais se desenvolverán cursos transversais de temáticas tan diversas como a seguridade laboral, as técnicas de procura de emprego ou a creación dunha empresa.

A maiores dos itinerarios establecidos, os titores realizarán outros personalizados, nos que se indique que formación específica debe recibir o alumno para acadar unha axeitada inserción sociolaboral. Posteriormente ao curso, os titores farán un seguimento individual ata que o alumno se incorpore ao mercado laboral, sexa por conta propia como allea.

Os 600 alumnos recibirán información, orientación, colaboración e asesoramento técnico na procura de emprego. Asemade, o proxgrma analizará os xacementos de emprego existentes e as necesidades de formación relacionadas con estes; e se avaliará dun xeito constante o grao de cumprimento dos obxectivos, valorando os cursos e determinando se é preciso adoptar medidas de mellora do proxecto.

15 novos empregados

A Xunta de Goberno Local deste luns aprobou asemade a contratación de 15 novas persoas dentro do Plan de Emprego Municipal. Nove delas se dirixirán ao Programa Útil, que permitirá a adquisición de experiencia profesional, no ámbito da obra pública, de numerosas persoas desempregadas e con problemas de renda.
    
Sobre este artículo
Publicidad
Encuesta
Hay un total de 46 votos
¿Considera necesario el aumento de la plantilla de la concellería de Urbanismo para la puesta en marcha del PXOM de Vigo?










Contáctanos | Anúnciate

Aviso legal

© ES. Comunicación Profesional '08
     Todos los derechos reservados 

Warning: mysql_query(): 8 is not a valid MySQL-Link resource in /usr/home/vigometropolitano.com/web/cowadmin/functions/sql_functions.php on line 61

Warning: mysql_query(): 8 is not a valid MySQL-Link resource in /usr/home/vigometropolitano.com/web/cowadmin/functions/sql_functions.php on line 61
Powered by: PHPCow.com