Municipios
Exterior
Magacine
Servicios
Opinión
  Inicio > Magacine > Economía-Empresa > Laboral

O BNG pergunta polas medidas que a Xunta pensa adoptar para "evitar a destrución de emprego polo peche de Draka"

por Vm - 08/05/2008

O deputado portavoz en materia de Emprego do grupo parlamentar do BNG, Fernando Blanco Parga, rexistrou hai uns días unha pergunta con resposta escrita sobre a situación que está a orixinar o anuncio de peche da multinacional Draka Holding Group.

O parlamentar explica que a empresa comunicou o mes pasado ao Comité de Empresa o peche a finais de ano da fábrica Draka Cables Vigo, ubicada no concello de Mos e adicada ao subministro de cables para o automóbil.

Segundo lembra o deputado, ésta non é a primeira vez que esta multinacional anuncia despedimentos na súa factoría galega, xa que en febreiro de 2006 xa tivo unha actuación que afectou a 20 traballadores/as.

Este novo anuncio afecta a cen traballadores/as, isto é, á totalidade do seu cadro de persoal alegando o motivo da deslocalización dos seus clientes; argumentación que rexeitan as organizacións sindicais que denuncian o desvío intencionado de maquinaria e pedidos a países con man de obra máis barata.

En vista desta situación o BNG quer saber se a Consellaría está en disposición de iniciar medidas que impidan o peche da factoría ou, de non ser posíbel isto, que actuacións ten previsto para evitar a destrución de emprego.

Blanco Parga pergunta tamén se a empresa ten recibido algunha axuda pública e subvención nos últimos cinco anos e que obrigas comprometían á empresa para percibilas.

    
Sobre este artículo
Publicidad
Encuesta
Hay un total de 129 votos
¿Cre que o despedimento de 900 traballadores de Citroën Vigo a final do ano, afectará negativamente á economía da nosa provincia?










Contáctanos | Anúnciate

Aviso legal

© ES. Comunicación Profesional '08
     Todos los derechos reservados 
Piscina Municipal de Ponteareas
Powered by: PHPCow.com