|
A Deputación fixo hoxe pública a contratación de 78 traballadores para impulsar un ‘Plan de Conservación e Limpeza dos Espazos naturais’ da provincia. O organismo inviste neste proxecto ambiental un orzamento de 666.000 euros destinados a financiar o custo salarial da man de obra e o pago da seguridade social.
Destes 78 traballadores, 28 son da zona sur da provincia de Pontevedra. Por comarcas, seis de Vigo (Dous peóns de limpeza en Redondela, dous en Soutomaior, un en Fornelos de Montes e un peón de forestal en Pazos de Borbén), seis do Val Miñor (5 peóns de limpeza en Baiona e 1 en Gondomar), seis do Condado (Catro peóns de forestais de As Neves, Salceda de Caselas, Salvaterra de Miño e Mondariz e dous peóns de limpeza de Mondariz-Balneario e Ponteareas), catro da Paradanta (un peón de limpeza en Arbo, un en A Cañiza e un en Crecente e un peón de forestais en Covelo) e seis do Baixo Miño (dous peóns de limpeza de Tui, dous de Oia e un en O Rosal e A Guarda).
Este plan permanecerá operativo durante cinco meses, do 1 de xuño ó 31 de outubro, no transcurso dos cales os operarios acondicionarán e mellorarán as zonas medio ambientais da provincia concellos para a súa explotación turística, así como, a reposición, limpeza, recuperación e adecuación das praias do litoral provincial.
A Deputación financiará o 100% o 90% e o 75% do custe salarial total da man de obra a contratar, incluída a cota empresarial á Seguridade Social, calculado polo vixente convenio colectivo de persoal laboral da institución, en función do número de habitantes dos concellos.
Así mesmo, as entidades interesadas en participar neste programa deberán presentar as instancias oportunas no Rexistro Xeral da Deputación nun prazo de 10 días naturais contados a partir da publicación da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia.
A selección dos traballadores a contratar realizarase mediante unha convocatoria pública e conforme ós principios de mérito e capacidade.
|