Municipios
Exterior
Magacine
Servicios
Opinión
  Inicio > Magacine > Economía-Empresa > Laboral

A Consellería de Presidencia comprométese cos sindicatos da provincia de Pontevedra que a xestión da escola infantil será pública

por Vm - 06/05/2008

A Delegación Provincial da Consellería de Presidencia en Pontevedra comprometeuse, segundo directrices da propia Consellería, que a xestión da Escola Infantil do novo Edificio Administrativo en Pontevedra será pública. A decisión foi tomada tralo o encerro de tódolos delegados sindicais dos diferentes Comités de Empresa e Xunta de Persoal da Xunta de Galicia na provincia que tivo lugar onte. Segundo as entidades sindicais, a Xunta comprometeuse tamén a que a xestión recaerá sobre a Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar xa que ésta é a que ostenta as competencias para o seu desenrolo.

 


Queda pendente a reconsideración de que o servizo de mantemento e o de

limpeza tamén sexan de titularidade pública, “e respecten así aos traballadores/as

destas categorías profesionais que teñen contratados en diferentes Consellerías,

sen que existan amortizacións de prazas e por conseguinte que traballadores da

administración autonómica queden sin emprego cando fan falla os seus servizos

nas novas dependencias”.

 


O delegado provincial da Vicepresidencia na provincia de Pontevedra, Francisco Xabier Verea Argibay, en reunión mantida o pasado mes de abril co Comité de Empresa, corroborou que de recaer a xesión da Escola Infantil nas súas competencias ésta sería incluida na rede de escolas infantis da Xunta de Galicia, “tal e como están tódalas escolas de xestión propia, e ao igual qua a escola do edificio administrativo da Xunta de Galicia en Vigo”.

 

    
Sobre este artículo
Publicidad
Encuesta
Hay un total de 16 votos
¿Considera adecuado convertir el Rectorado de Vigo en un museo para las colecciones del pazo de Castrelos?










Contáctanos | Anúnciate

Aviso legal

© ES. Comunicación Profesional '08
     Todos los derechos reservados 

Warning: mysql_query(): 8 is not a valid MySQL-Link resource in /usr/home/vigometropolitano.com/web/cowadmin/functions/sql_functions.php on line 61
Powered by: PHPCow.com