Inicio > Empresa > Laboral

Os traballadores de ABB Vigo rexeitan o preacordo acadado polos sindicatos estatais na Mesa de Negociación, segundo a CIG

por VM - 03/07/2009

Os traballadores de ABB de Vigo, afectados polo expediente de regulación presentado pola multinacional ABB para os seus centros do Estado, rexeitaron o preacordo acadado entre os representantes da empresa e CCOO, UGT e USO na Mesa de Negociación, segundo un comunicado da CIG. O documento non foi asinado polo delegado da CIG, polos 2 representantes de ELA e tampouco polo delegado por Galiza de CCOO, quen se desmarcou da decisión unitaria da súa sección sindical, respectando así a decisión da asemblea do persoal de Vigo.


Xulio Gómez, delegado da CIG, explicou que os traballadores/as de ABB votarán o martes 30 de xuño en asemblea xeral se aproban ou non o preacordo, aínda que dende a factoría da multinacional en Vigo avogan por agardar até coñecer o informe da administración a respecto do ERE, pois consideran que non existen causas que o xustifiquen.

Dos tres delegados sindicais de Vigo representados na mesa (un de CIG, un de CCOO e un de UGT) só asinou o documento o representante de UGT, en contra da postura presentada polos traballadores. O representante de CCOO, pola súa banda, desmarcouse da decisión conxunta da súa sección sindical “para expresar a decisión dos traballadores aos que representa que non era outra que non asinar os despedimentos a ningún prezo, prezo que foi establecido no preacordo en 50 días por ano co tope de 42 mensualidades”, afirmou Gómez.

Achega de alternativas

O texto acordado entre a dirección da empresa e as organizacións con representación maioritaria na Mesa de Negociación recolle que 60 traballadores/as afectados polo ERE con máis de 55 anos poderán acollerse aos planos de prexubilación, aínda que a empresa se reserva o dereito a veto.

“Os traballadores de Vigo ficaron petrificados cando leron a través do comunicado enviado por UGT aos medios de comunicación así como o que aparece no web de CCOO que os 121 traballadores afectados poden cubrirse con plan de xubilacións xa que a empresa facilitou a lista de traballadores susceptíbeis de acollerse a tal plan (maiores de 55 anos) e aparecen 60 nomes na devandita lista. Tendo en conta que é unha decisión voluntaria e con poder de veto por parte de ABB será matematicamente imposíbel contrarrestar os 121 despedimentos coas prexubilacións, polo que dende a delegación de Vigo solicitamos unha rectificación inmediata das informacións ofrecidas por UGT e CCOO aos medios por falsidade”, sinalan nun comunicado dende ABB Vigo.

Nesta liña, Gómez reiterou que a proposta resulta cativa fronte ás 121 rescisións de contratos previstas no ERE. “Queremos alternativas ao expediente de extinción, que se fagan peches temporais ou se adopten outro tipo de medidas que garantan a continuidade do emprego”.

Neste senso, o delegado da CIG lembrou que esta multinacional tivo altos beneficios no pasado ano, e lamentou que "só por teren unhas baixas previsións pretendan botarnos á rúa, porque iso non ten fundamento ningún".

Paros diarios na factoría

O luns 29 de xuño foi tamén o primeiro día no que o persoal do centro situado no Camiño do Caramuxo abandonou a convocatoria da folga indefinida que mantiñan dende o pasado xoves 18. Os traballadores/as acordaron continuar as mobilizacións en contra da eliminación de 20 dos
48 empregos de ABB a través de paros diarios na factoría.

A delegación de Vigo será a máis afectada pola regulación de emprego, con máis do 40% do persoal previsibelmente despedido. Xulio Gómez fixo mención aos temores que existen entre o cadro de persoal a respecto de que a dirección da empresa aproveite o expediente de extinción para desfacerse dos traballadores máis reivindicativos e activos sindicalmente.

    
Sobre este artículo
Subscripción
Si desea recibir en su correo las noticias publicadas en esta sección indíquenos el correo electrónico a donde desea que se le envíen



Acepto que me envíen al correo indicado las noticias que se publiquen diariamente en esta sección

Roberto Ledo Garrido
Editor y director
Móvil: 696 218 273
editordirector@grupoescomunicaciongalicia.com
Envío de comunicados:
info@grupoescomunicaciongalicia.com
© ES. Comunicación Profesional '09
     Todos los derechos reservados 

Aviso legal
Dirección de Proyectos y Protocolo
Despacho Cristina de Andrés
Calle Urzaiz, 10 - 1º Izd   -   36201 VIGO
Móvil: 669 420 280
proyectosprotocolo@grupoescomunicaciongalicia.com
Powered by: PHPCow.com