Municipios
Exterior
Magacine
Servicios
Opinión
  Inicio > Magacine > Economía-Empresa > Medio rural

PSdeG e BNG rexeitan a creación dunha indicación xeográfica protexida para o kiwi de Galicia

por Vm - 09/05/2008

Os deputados dos grupos socialista e do BNG rexeitaron onte, na Comisión de Agricultura do Parlamento, unha proposición non de lei na que o deputado popular César Pérez Ares reclamaba unha indicación xeográfica protexida para o kiwi galego. Das 500 hectáreas dedicadas actualmente ao cultivo do kiwi, a comarca do Baixo Miño concentra 350 hectáreas.

 

O deputado popular acudiu á Comisión de Agricultura do Parlamento cun lote de kiwi do Baixo Miño, que distribuíu entre deputados e xornalistas para que puidesen comprobar, en primeira persoa, as virtudes dunha froita que reúne numerosas propiedades nutricionais, entre as que destacou a elevada achega de vitaminas C e máis E. Para Pérez Ares, o kiwi pode considerarse a "aspirina natural galega", dadas as numerosas propiedades que posúe.

 

Pérez Ares considera contraditoria a postura mantida hoxe na Cámara autonómica por socialistas e nacionalistas, "que mesmo chegaron a recoñecer a relevancia da produción e a calidade do kiwi galego". Ante a negativa de PSOE e BNG a apoiar a proposta defendida hoxe, Pérez Ares anuncia que en datas próximas formulará unha nova iniciativa, a través do Instituto Galego de Calidade, ao abeiro do Lei de Promoción e Defensa da Calidade Alimentaria Galega.

 

O deputado popular considera que a actitude mantida hoxe polos socios do bipartito constitúe un duro golpe para os produtores de kiwi de Galicia, que o pasado outono perderon arredor do 70% da colleita anual por unha xeadas temperás, a escasos días da recolección da froita. Algúns produtores chegaron a perder o 100% da plantación.

    
Sobre este artículo
Publicidad
Encuesta
Hay un total de 86 votos
¿Cree que la ley debería ser más rigurosa contra infractores reincidentes como 'Makelele', implicado en las muertes de Jenaro de la Fuente?










Contáctanos | Anúnciate

Aviso legal

© ES. Comunicación Profesional '08
     Todos los derechos reservados 
Powered by: PHPCow.com