Municipios
Exterior
Magacine
Servicios
Opinión
  Inicio > Magacine > Economía-Empresa > Medio rural

O PPdeG quere que o kiwi galego dispoña dunha indicación xeográfica protexida

por Vm - 07/05/2008

Conseguir que o kiwi galego dispoña dunha indicación xeográfica específica, como distintivo de calidade deste produto, é o obxectivo dunha proposición non de lei promovida polo PPdeG e que se debatirá este xoves no Parlamento de Galicia, xusto cando se cumpren 30 anos da introdución das primeiras prantacións desta froiteira de orixe chinesa.


A proposta foi elaborada polo deputado popular César Pérez Ares -a proposición non de lei tamén está asinada polo voceiro de Medio Rural do Grupo Popular, Roberto Castro García- que argumenta que nun mercado internacional aberto e competitivo, o sector agrario debe fomentar produtos agroalimentarios de calidade diferenciada. Esta –entende o deputado- constitúe a estratexia axeitada para atender as demandas dos consumidores, “cada vez máis sensibilizados respecto a calidade, seguridade salubridade dos produtos alimentarios”. 


Nas tres décadas transcorridas desde a implantación do cultivo do kiwi en Galicia, as plantacións desta especie acadan xa unha superficie de arredor de 500 hectáreas a día de hoxe. O feito de que esta pranta requira climas temperados, explica que a maior parte das parcelas de cultivo esteas asentadas na comarca do Baixo Miño, que concentra arredor de 350 hectáreas.  

 

Con todo, a maior concentración rexístrase no Concello de Tomiño, onde ten a súa orixe o 45% da produción de kiwi de Galicia. “A elevada produtividade das explotacións galegas dedicadas a esta froita, xunto coa calidade dos froitos e as súas excelentes cualidades nutricionais fan que o cultivo desta especie continúe espertando un crecente interese para o sector primario das comarcas galegas que presentan un clima suave”.  

 

    
Sobre este artículo
Publicidad
Encuesta
Hay un total de 35 votos
¿Cree que sería bueno para la ciudad que Rafael Moneo se encargase de la reforma de la praza do Rei?










Contáctanos | Anúnciate

Aviso legal

© ES. Comunicación Profesional '08
     Todos los derechos reservados 
Powered by: PHPCow.com