|  | | | | | A Estación Fitopatolóxica do Areeiro xa advertira de que, desde o pasado dÃa 18 de marzo, a oospora ou ovo de inverno do mildiu da vide tiña acadado a súa maduración na comarca de Pontevedra. | | | |
A Estación Fitopatolóxica do Areeiro detectou esta semana na súa parcela de seguimento en Cuíña, na Comarca do Salnés, a primeira mancha de mildiu. Esto implica que tan pronto cesen as precipitacións, debe aplicarse o primeiro tratamento antimildiu.
O centro dependente da Deputación xa advertira de que, desde o pasado día 18 de marzo, a oospora ou ovo de inverno do mildiu da vide tiña acadado a súa maduración na comarca de Pontevedra.
Por este motivo, o centro dependente da Deputación de Pontevedra recomendou que se iniciaran os tratamentos fitosanitarios oportunos tan pronto se rexistraran as condicións climáticas e de crecemento da vexetación necesarias para o desenvolvemento da enfermidade, co fin de controlalas.
O Plasmopara viticola é un protista da familia dos peronosporáceos, responsable do mildiú da vide. É un parásito en sentido estrito, polo que non é posible cultivalo en laboratorio en medios sintéticos.
O ciclo de vida deste protista é moi complexo. Durante o inverno sobrevive nunha estrutura coñecida co nome de oospora ou ben, se o inverno é suave, en forma de micelio dentro das xemas ou nas follas persistentes da vide (Vitis vinifera). Cando se acada unha temperatura ambiental que ronda os 12ºC, a oospora xermina e forma un esporanxio, que pode ser dispersado a través do vento. Para que un esporanxio xermine é necesaria a presenza de chuvia, dado que son zoosporas as resultantes desta xerminación.
Debido á mobilidade das zoosporas, este é o período de máis perigo para o cultivo. Se as condicións son as adecuadas —chuvia e unha temperatura media de 12ºC— as zoosporas se dispoñen preto dos estomas da planta, enquístanse e forman un tubo xerminal que se introduce a través do estoma. Este tubo xerminal se desenvolve na cavidade subestomática dando lugar ás primeiras hifas que continuarán coa invasión do hóspede.
|