Inicio > Empresa > Medio rural

Técnicos do laboratorio rioxán aprenden en Areeiro técnicas de detección da armilaria

por VM - 07/04/2008

Técnicos superiores da Finca ‘La Grajera’, pertencente ó Laboratorio Regional de Diagnóstico Fitopatolóxico da Comunidade Autónoma de La Rioja, asistiron durante os dous últimos días a sesións explicativas sobre técnicas de detección do fungo Armillaria na Estación Fitopatolóxica do Areeiro, unidade dependente da Deputación. 

O centro de Areeiro ven desenvolvendo unha técnica pioneira en bioloxía molecular de detección e diagnóstico de especies de Armillaria, a partir de mostras de solo, sendo actualmente o único laboratorio en España que presta este servizo.  

A Armillaria é un fungo de elevada agresividade que, de afectar ás raíces estruturais dos viñedos, pode levar á súa morte nun período de tempo variable segundo as condicións de estrés a que estea sometido. 

As prestacións desta unidade son principalmente dúas. Por unha banda, a detección e identificación de fungos –fundamentalmente dos xéneros Fusarium, Phytophtora, Armillaria y Mycosphaerella–, nematodos –sobre todo dos xéneros Meloidogyne, Globodera, Heteroradibtis, Xiphinema y Heterodera–, bacterias e virus, a partir de estruturas do patóxeno ou de material vexetal sintomático ou asintomático de especies hortícolas, ornamentais, forestais, de viña, kiwi, etc. 
 
 

 

    
Sobre este artículo
Subscripción
Si desea recibir en su correo las noticias publicadas en esta sección indíquenos el correo electrónico a donde desea que se le envíen



Acepto que me envíen al correo indicado las noticias que se publiquen diariamente en esta sección

Roberto Ledo Garrido
Editor y director
Móvil: 696 218 273
editordirector@grupoescomunicaciongalicia.com
Envío de comunicados:
info@grupoescomunicaciongalicia.com
© ES. Comunicación Profesional '09
     Todos los derechos reservados 

Aviso legal
Dirección de Proyectos y Protocolo
Despacho Cristina de Andrés
Calle Urzaiz, 10 - 1º Izd   -   36201 VIGO
Móvil: 669 420 280
proyectosprotocolo@grupoescomunicaciongalicia.com
Powered by: PHPCow.com