|
'Fruta de Temporada' é o título dunha nova campaña que vai pór en marcha o Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación (MAPA) e que foi presentada no Salón Alimentaria, que se celebrou en Barcelona. O obxectivo desta iniciativa é difundir os aspectos nutritivos e saudables da froita, especialmente da de tempada.
A campaña, que conta coa colaboración da Axencia Española de Seguridade Alimentaria e Nutrición (AESAN), «pretende informar e formar aos consumidores en xeral, e aos responsables da compra no fogar en particular, da multitude de vantaxes e beneficios que achega a froita á saúde», sinala o MAPA.
Así mesmo, tratará de inculcar á poboación infantil o consumo de froita de forma natural, para que manteña unha correcta alimentación ao longo da súa vida. A campaña desenvolverase durante o próximo mes de xuño a través dos medios de comunicación, e repartiranse folletos e material promocional (carteis, adhesivos etc.) en presentacións e feiras.
A froita de tempada é aquela que, debido á súa estacionalidade, o mellor momento do seu consumo é desde o principio da recolección no campo ata o final da época de produción.
|