Municipios
Exterior
Magacine
Servicios
Opinión
  Inicio > Magacine > Economía-Empresa > Medio rural

Os produtores galegos de kiwi terán cobertura dos seguros agrarios ata o 30 de novembro

por Vm - 09/02/2008
O Plan de Seguros Agrarios Combinados de 2008 ampliará quince días máis o prazo de cobertura para os produtores de kiwis, afectados en novembro do pasado ano por unhas xeadas excepcionais para esa época. Así o anunciou o pasado 7 de febreiro o Sindicato Labrego Galego (SLG) nun comunicado.

Esta modificación permitirá aos titulares de explotacións de kiwi ter un aval para as súas colleitas ata o 30 de novembro e non ata o 15, como estaba establecido ata a data. A organización agraria nacionalista, satisfeita coa medida, recorda que xusto o undécimo mes do ano é cando o kiwi alcanza os seus niveis óptimos de azucre e materia seca e, xa que logo, a calidade idónea para a súa comercialización.

O SLG asegura, no entanto, que continúa traballando para definir convenios entre as asociacións de produtores de kiwi e a Consellería de Medio Rural para mellorar a produtividade nas explotacións, a formación dos agricultores e a potenciación económica e comercial desta froita.

20 toneladas por hectárea

As fortes xeadas dos días 16 e 17 de novembro provocaron importantes danos nas colleitas de 65 explotacións de toda Galicia, aínda que as maiores incidencias centráronse na comarca pontevedresa do Baixo Miño, que produce o 45% do kiwi cultivado en España.

As baixas temperaturas supuxeron a perda de 534 toneladas nunha superficie de 26,8 hectáreas. Esta situación foi especialmente grave para oito explotacións que acusaron danos no 100 por cen das súas producións. En suma, 116 toneladas que se cultivaban en 5,8 hectáreas.

No caso doutras 21 explotacións, as perdas alcanzaron ao 40 por cento da súa produción e viron minguadas así 318 toneladas de froita, que ocupaba 16 hectáreas. Outras 36 explotacións rexistraron estragos nun 20 por cento da súa produción, perdendo 100,68 toneladas que crecían en 5 hectáreas de superficie.

As estimacións de Medio Rural situaron nunha media de 20 toneladas perdidas por cada hectárea naquelas zonas onde máis intensas foron as xeadas.

    
Sobre este artículo
Publicidad
Encuesta
Hay un total de 35 votos
¿Cree que sería bueno para la ciudad que Rafael Moneo se encargase de la reforma de la praza do Rei?










Contáctanos | Anúnciate

Aviso legal

© ES. Comunicación Profesional '08
     Todos los derechos reservados 
Powered by: PHPCow.com