Municipios
Exterior
Magacine
Servicios
Opinión
  Inicio > Magacine > Cultura-Espectáculos > Música

O grupo Pereza actuará no auditorio vigués de Castrelos o vindeiro 22 de xullo tralo cambio de data do seu recital

por Vm - 03/07/2008
O dúo Pereza. REMITIDA.

O grupo de rock Pereza actuará en Vigo o vindeiro día 22 de xullo no Auditorio de Castrelos. Ese foi o acordo ao que o concelleiro de Cultura, Xesús López, chegou está mañá coa promotora responsable do concerto, logo de ter que anunciar un aprazamento debido aos compromisos promocionais do grupo.

Por este motivo, tanto a Concellería de Cultura como a propia promotora decidiron mudar a Castrelos a celebración deste evento para evitar os gastos derivados do mantemento da montaxe prevista no Ifevi, que se mantiña logo dos concertos de Bob Dylan e Estopa. Así, aproveitarase a infraestrutura preparada para o concerto de Roger Hodson no mesmo Auditorio de Castrelos, que está prevista para o día seguinte á actuación de Pereza. O novo prezo das entradas, que poderán mercarse a partir de mañá en Caixanova (902 504 500 e www.servinova.com) e en Gong Discos de Vigo, será de 10 euros anticipada e 12 euros en taquilla o día do concerto.

Rubén e Leiva elixiron Vigo para celebrar o único concerto que ofrecerán na provincia de Pontevedra durante as datas de verán. Os madrileños sairán ao escenario as 23.00 horas, pero antes os asistentes terán a oportunidade de quentar motores con Stereotipos, unha banda de pop-rock galega gañadora do certame de maquetas NXMusic´06.

Actuou na cidade hai dous anos

Dous anos pasaron dende a última vez que Pereza pasou por Vigo. Agora chegan á cidade convertidos nun referente do pop nacional e cun disco de platino baixo o brazo froito do seu traballo 'Animales'. Co seu novo disco 'Aproximaciones' a banda deu un importante salto cualitativo que os levou á primeira liña do panorama musical nacional. Neste traballo, o grupo volveu contar co productor Nigel Walker e entre as colaboracións destacan as do mítico guitarrista ex -Stone Mick Taylor. Para o directo a banda se reformou: a partir de agora Rubén e Leiva cantarán e tocarán as guitarras, e o resto da formación se completa con Rober (batería), Luismi (percusión), Pop (teclados) e Manuel Mejías (baixo).

    
Sobre este artículo
Publicidad
Encuesta
Hay un total de 16 votos
¿Considera adecuado convertir el Rectorado de Vigo en un museo para las colecciones del pazo de Castrelos?










Contáctanos | Anúnciate

Aviso legal

© ES. Comunicación Profesional '08
     Todos los derechos reservados 

Warning: mysql_query(): 8 is not a valid MySQL-Link resource in /usr/home/vigometropolitano.com/web/cowadmin/functions/sql_functions.php on line 61
Powered by: PHPCow.com