Municipios
Exterior
Magacine
Servicios
Opinión
  Inicio > Magacine > Cultura-Espectáculos > Música

A cuarta edición do Festival de Jazz de Vigo Imaxina Sons comeza coa celebración do 25 aniversario de Clunia

por Vm - 26/06/2008
Os participantes do Festival de Jazz de Vigo. REMITIDA.
A celebración do 25 aniversario de Clunia Jazz marcará esta noite o inicio da cuarta edición do Festival de Jazz de Vigo Imaxina Sons 2008, ás 22.00 horas no Centro Cultural Caixanova, segundo salientou hoxe o concelleiro de Cultura, Xesus López. "De novo o jazz de calidade volve a Vigo", subliñou o edil quen sinalou que o festival desenvolverá diversas actividades paralelas, como a exposición de fotografías que pode contemplarse no Café La Galería, que quere ser unha homenaxe ao Manteca Jazz e onde se recollen imaxes de anteriores edicións do Imaxina Sons.

"Hoxe terá lugar un dos pratos fortes do festival", indicou o concelleiro de Cultura, quen explicou que Clunia é unha das "bandas míticas coas que nace o jazz en Galicia nos anos oitenta", da man de Baldo Martínez (contrabaixo), Nani García (piano), Francisco Llorca (batería) e o xa desaparecido Antonio Cal (saxofón). Lembrou, así mesmo, que a agrupación foi gañadora do primeiro premio do Festival Internacional de Jazz de San Sebastián, no ano 1982. "Teremos a fortuna de vivir unha noite inolvidable", apuntou Xesus López. O edil nacionalista agradeceu o traballo desenvolvido por Xesús López Moure, coordinador do festival, e Baldo Martínez, director técnico e integrante de Clunia, ambos presentes na presentación do festival.

O coordinador de Imaxina Sons agradeceu, pola súa banda, o apoio amosado polo Concello de Vigo, e manifestou a súa esperanza de que esta cuarta edición sexa "un punto e seguido" na historia do festival. "Para min é un pracer poder celebrar o 25 aniversario de Clunia", salientou Blado Martínez, quen tamén expresou a súa satisfacción como director artístico do festival pola programación deste ano. Nani García tamén sinalou que para el é unha "ledicia volver a tocar cos compañeiros" e adiantou que no concerto desta noite tocarán un repertorio novo "que posiblemente dará pé á gravación dun novo disco e a unha xira". Unha das novidades radicará no cambio da formación de cuarteto a quinteto, coa actuación conxunta con Matthew Lee Simone, quen recoñeceu que a proposta de formar parte de Clunia lle fixo "unha gran ilusión". No mesmo sentido se manifestou Fernando Llorca, quen recoñeceu a "ilusión" que lle produce a actuación desta noite.

O Imaxina Sons é un festival que non só dedica a súa atención as propostas europeas de jazz, senón tamén as galegas, como o amosa o concerto que ofrecerá mañá, 27 de xullo, a artista viguesa Lucía Martínez, líder do grupo Lucía Martínez Cuarteto, proxecto co que vén de grabar o seu primeiro traballo Soños e delirios. A actuación terá lugar no Auditorio "Martín Codax" do Conservatorio Superior de Música ás 20.30 horas. Xa ás 01.30 horas, no marco do ciclo Jazz na Noite, o Manteca Jazz acollerá a actuación de Calixto Oviedo Trío.

Os outros dous pratos fortes do Imaxina Sons, segundo apuntou o concelleiro de Cultura, son a actuación de Wayne Shorter Quarter, o día 29 de xuño, e o concerto de clausura do festival, o día 6 de xullo, que correrá a cargo de Atomic/ School Days con Ken Vandermark, ambos no Centro Cultural Caixanova. As entradas para estes concertos poden mercarse na web www.caixanova.es e no teléfono 902.504.500. O prezo en butaca é de 30,60 euros; en primeiro anfiteatro, 28,050 euros; en segundo anfiteatro, 25,50 euros; e en terceiro anfiteatro, 22,95 euros.
    
Sobre este artículo
Publicidad
Encuesta
Hay un total de 16 votos
¿Considera adecuado convertir el Rectorado de Vigo en un museo para las colecciones del pazo de Castrelos?










Contáctanos | Anúnciate

Aviso legal

© ES. Comunicación Profesional '08
     Todos los derechos reservados 

Warning: mysql_query(): 8 is not a valid MySQL-Link resource in /usr/home/vigometropolitano.com/web/cowadmin/functions/sql_functions.php on line 61
Powered by: PHPCow.com