Municipios
Exterior
Magacine
Servicios
Opinión
  Inicio > Magacine > Cultura-Espectáculos > Música

Servizo gratuíto de autobuses para asistir ao concerto que Bob Dylan ofrecerá o venres no IFEVI

por Vm - 26/06/2008

Co obxectivo de evitar os problemas de atascos nos accesos ao recinto feiral e os inconvintes de ter que buscar aparcamento, Tenencia de Alcaldía vén de habilitar un servizo gratuíto de autobuses para desplazarse ao concerto que Bob Dylan ofrecerá mañá venres, 27 de xuño, no Instituto Ferial de Vigo (Ifevi). Segundo explicou o tenente de alcalde Santi Domínguez, haberá a disposición do público dúas lanzadeiras, que sairán do Areal e da Praza Eugenio Fadrique.

Unha lanzadeira do Areal partirá ás 19.45 e ás 20.15 horas e percorrerá as rúas Areal, Colón, Urzáiz, Gran Vía, Praza de España, avenida de Madrid, estrada de Madrid, M. Álvarez e estrada da vía, ata chegar ao Ifevi. A segunda lanzadeira sairá da Praza Eugenio Fadrique ás 19.55 e ás 20.05 horas, e o percorrerá a rúa Coruña, Gran Vía, Praza de España, avenida de Madrid, estrada de Madrid, M. Álvarez e estrada da vía, ata a chegada ao Ifevi. Unha vez rematado o concerto, os autobuses realizarán catro viaxes, sairán do recinto feiral cunha frecuencia de dez minutos e voltarán aos puntos de partida.

    
Sobre este artículo
Publicidad
Encuesta
Hay un total de 16 votos
¿Considera adecuado convertir el Rectorado de Vigo en un museo para las colecciones del pazo de Castrelos?










Contáctanos | Anúnciate

Aviso legal

© ES. Comunicación Profesional '08
     Todos los derechos reservados 

Warning: mysql_query(): 8 is not a valid MySQL-Link resource in /usr/home/vigometropolitano.com/web/cowadmin/functions/sql_functions.php on line 61
Powered by: PHPCow.com