Municipios
Exterior
Magacine
Servicios
Opinión
  Inicio > Magacine > Cultura-Espectáculos > Música

O Festival de Jazz Imaxina Sons volve a Vigo do 26 de xuño ao 6 de xullo

por Vm - 26/06/2008
A celebración do 25 aniversario de Clunia Jazz é un dos pratos fortes que este ano presenta o Festival de Jazz de Vigo Imaxina Sons 2008 que se desenvolverá en defierentes espazos da cidade e desenvolverá diversas actividades paralelas, do 26 de xuño ao 6 de xullo. Segundo o concelleiro de Cultura, Xesús López o "Imaxina Sons xa é un festival de obrigada referenza no panorama musical europeo que non só dedica especial atencións as propostas europeas, senón tamén as galegas".

O concerto inaugural, que celebrará o 25 aniversario de Clunia Jazz, terá lugar o xoves, 26 de xuño, no Centro Cultural Caixanova. Tamén neste espazo celebrarase a actuación de Wayne Shorter Quarter, o día 29 de xuño, e o concerto de clausura do festival, o día 6 de xullo, que correrá a cargo de Atomic/ School Days con Ken Vandermark. No Conservatorio Superior de Música terán lugar as actuacións de Lucía Martínez Cuarteto, o 27 de xuño; Marcelino Galán Zinco, Simoni Guiducci Gramelot Ensemble, o 28 de xuño; e Enrico Rava Quinteto, o 29 de xuño. No salón de actos do Marco terán lugar os concertos solistas de Américo Rodrigues o 30 de xuño; Antonio Bravo, o 1 de xuño; e Barry Guy, o 2 de xullo. No Auditorio Municipal actuarán Stefano Bollani, o 3 de xullo; Barry Guy New Orquestra, o 4 de xullo; Markus Stockhausen e Stefano Scodanibbio, o 5 de xullo; e Javier Vercher Sextet, o 6 de xullo.
    
Sobre este artículo
Publicidad
Encuesta
Hay un total de 16 votos
¿Considera adecuado convertir el Rectorado de Vigo en un museo para las colecciones del pazo de Castrelos?










Contáctanos | Anúnciate

Aviso legal

© ES. Comunicación Profesional '08
     Todos los derechos reservados 

Warning: mysql_query(): 8 is not a valid MySQL-Link resource in /usr/home/vigometropolitano.com/web/cowadmin/functions/sql_functions.php on line 61

Warning: mysql_query(): 8 is not a valid MySQL-Link resource in /usr/home/vigometropolitano.com/web/cowadmin/functions/sql_functions.php on line 61
Powered by: PHPCow.com