Municipios
Exterior
Magacine
Servicios
Opinión
  Inicio > Magacine > Cultura-Espectáculos > Música

Bob Dylan actuará ante máis de 5.000 persoas o vindeiro 27 de xuño no auditorio do Instituto Feiral de Vigo

por Vm - 19/06/2008
Bob Dylan, durante un concerto. REMITIDA.

Bob Dylan actuará ante máis de 5.000 persoas o vindeiro 27 de xuño no auditorio do Instituto Feiral de Vigo (Ifevi), segundo anunciou onte o tenente de alcalde vigués, Santiago Domínguez Olveira.

En rolda de prensa, Domínguez Olveira explicou que na montaxe do concerto, que terá lugar o día 26, participarán arredor de 100 persoas e o cantante estará acompañado por unha banda de 10 persoas e 30 integrantes do equipo técnico.

O tenente de alcalde de Vigo subliñou que Bob Dylan contará non só con público vigués, senón tamén con asistentes de fóra da cidade que nestes días se están a por en contacto coa organización para coñecer os puntos de venda das entradas, das que xa van vendidas máis de 5.000 e teñen un custo de 35 euros. Ao respecto, o tenente de alcalde sinalou que se espera chegar a contar entre 6.000 e 6.500 espectadores, "o que consideramos normal e ideal para concertos destas características".

En canto ás peticións realizadas por Bob Dylan, Domínguez Olveira salientou que non pediu "nada fóra do normal", agás unha cociña á súa disposición porque vén co seu propio servizo de cátering. O artista actuará nun escenario de 18 por 14 metros, con dous metros de alto equipado con dúas pantallas; ademais, do teito do Ifevi colgarán un total de 18 toneladas de material, transportadas en catro tráilers, ademais de catro autobuses, tres turismos e unha furgoneta.

Lanzadeiras gratis

O tenente de alcalde recomendou a utilización do servizo gratuíto de lanzadeiras, a fin de evitar os problemas de atascos nos accesos ao recinto feiral e os inconvintes de ter que buscar aparcamento. Así, explicou que haberá a disposición do público tres lanzadeiras gratuítas, que sairán do Areal, da Praza Eugenio Fadrique e da Praza de España. Do Areal partirán ás 19.45 e ás 20.05 horas; da Praza Eugenio Fadrique ás 19.55 e ás 20.15 horas; e da praza de España ás 19.50, ás 20, ás 20.10 e ás 20.20 horas. Unha vez rematado o concerto os autobuses sairán do Ifevi cunha frecuencia de dez minutos e voltarán aos puntos de partida.

Pola súa banda, o concelleiro de Cultura, Xesus López, pola súa banda, explicou que Bob Dylan ten sido, durante cinco décadas, unha das máis importantes figuras da música contemporánea e un dos compositores e músicos máis influíntes e prolíficos do século XX e estará en Vigo para presentar o su último traballo 'Moder times', unha reflexión sobre o tempo.

O concelleiro nacionalista lembrou que algunhas das cancións do artista de Minnesota, como 'Blowing in the Wind' ou 'The Times They Are a Changing' foron considerados himnos antibélicos e dos movementos civís daquela época, de finais dos anos sesenta e principios dos setenta. "É unha gran satisfacción para min como concelleiro de Cultura presentar o concerto de Bob Dylan na nosa cidade, despois do total éxito de Lenny Kravitz", subliñóu o concelleiro do BNG, quen salientou que o artista norteamericano ten sido nomeado en diversas ocasións para o Nobel e no ano 2007 foille concedido o Príncipe de Asturias das Artes.

Un teloneiro español

Xesus López anunciou que Pedro Javier Hermosilla será o teloneiro do cantautor norteamericano, quen presentará en Vigo o seu terceiro traballo 'Tres y...', un disco grabado en estudio, en directo e con formato de banda completa. O cantante catalán ten tocado durante once anos en directo nas salas pequenas, e no ano 2003 editou o seu primeiro traballo, 'Amuleto de agua errante', e no 2005 o segundo, 'Por un ratito en tus oídos'.

    
Sobre este artículo
Publicidad
Encuesta
Hay un total de 87 votos
¿Cree que es suficiente la partida que los Presupuestos Generales del Estado destinan a Vigo y su área de influencia?










Contáctanos | Anúnciate

Aviso legal

© ES. Comunicación Profesional '08
     Todos los derechos reservados 
Powered by: PHPCow.com