Municipios
Exterior
Magacine
Servicios
Opinión
  Inicio > Magacine > Cultura-Espectáculos > Música

Comezan as actividades do festival de jazz 'Imaxina Sons 2008' con actuacións na rúa

por Vm - 07/06/2008

A sección 'Imaxina na Rúa' do festival de jazz 'Imaxina Sons 2008' ábrese esta fin de semana coa actuación do Septeto da ESMAE (Escola Superior de Música e as Artes do Espectáculo) de Oporto, que fará catro 'pases' este sábado 7 de maio na zona peonil do O Calvario ( 11.30 h), praza da Independencia (13.30 h), rúa do Príncipe (17.30 h) e Montero Ríos ( 19.30h).

O septeto da ESMAE é unha das formacións nas que participan músicos da Escola, formada nesta ocasión por:

Gonzalo Moreira – piano

Felipe Sequeira – batería

Inmaculada Galiote Martín - contrabaixo

Virxilio Aguin – guitarra

Diogo Picao – saxo tenor

Rui Bandeira – trombón

Joao Martins – saxo alto

A ESMAE ven sendo a escola de jazz máis prestixiosa do país veciño, aínda que na institución conviven cursos de música clásica, antiga e disciplinas asociadas ás artes escénicas (son, iluminación, dirección, etc.). Neste peculiar espazo de convivencia artística profesores e alumnos colaboran nalgunhas formacións que estenden unha visión enriquecedora da música, dentro e fora da ESMAE.

De feito, estas formacións forman parte da política de divulgación emprendida pola ESMAE desde a súa fundación no 1994, co obxectivo de promover un contacto directo e permanente dos músicos e o público. A este respecto, a ESMAE dispón de dous espazos destinados á esta actividade divulgativa: o Café Concerto e o Teatro Helena Sá Costa.

As diversas formacións coas que a ESMAE concorre a concursos, festivais ou concertos teñen deixado nos últimos tempos moi boas críticas e unha boa lista de premios.

O programa de 'Imaxina na rúa' cotinúa o sábado 14 de xuño coa participación Escola de Estudos Musicais 'A Tempo' de Pontevedra e o sábado 21 de xuño coa Escola Municipal de Música de A Coruña.

    
Sobre este artículo
Publicidad
Encuesta
Hay un total de 16 votos
¿Considera adecuado convertir el Rectorado de Vigo en un museo para las colecciones del pazo de Castrelos?










Contáctanos | Anúnciate

Aviso legal

© ES. Comunicación Profesional '08
     Todos los derechos reservados 

Warning: mysql_query(): 8 is not a valid MySQL-Link resource in /usr/home/vigometropolitano.com/web/cowadmin/functions/sql_functions.php on line 61

Warning: mysql_query(): 8 is not a valid MySQL-Link resource in /usr/home/vigometropolitano.com/web/cowadmin/functions/sql_functions.php on line 61
Powered by: PHPCow.com