|  | | | | | Los hermanos Muñoz. REMITIDA. | | | |
As entradas para o concerto que ofrecerá Estopa en Vigo o 28 de xuño ás 22.00 horas xa están á venda, mentres que nos vindeiros días tamén sairán á venda as entradas para o concerto de Pereza, que actuará en Vigo o 4 de xullo, segundo anunciou onte o concelleiro vigués de Cultura, o nacionalista Xesus López.
En ámbolos dous casos os concertos terán lugar no Instituto Feiral de Vigo (Ifevi), e as entradas póñense á venda a través de Caixanova, no teléfono 902.504.500 e na web www.caixanova.es.
Para o concerto de Estopa poranse á venda un total de 6.000 entradas, a un prezo de 26,50 euros na venda anticipada, e de 29 euros na taquilla. Pola súa banda, os prezos para a actuación de Pereza serán de 19 euros na venda anticipada e de 22 euros na taquilla e o número total de entradas é de 4.000. |