Municipios
Exterior
Magacine
Servicios
Opinión
  Inicio > Magacine > Cultura-Espectáculos > Música
Santi Domínguez agasallou ao músico americano cunha gaita tradicional galega

Máis de 9.000 persoas vibraron en Vigo coa música de Lenny Kravitz

por Vm - 30/05/2008
Lenny Kravitz nun momento do concerto de onte en Vigo. REMITIDA

Lenny Kravitz colleitou onte á noite en Vigo a calor do seu público, máis de 9.000 persoas que chearon o recinto do Ifevi, e vaise da cidade cunha gaita tradicional galega na suá equipaxe, agasallo do tenente de alcalde, Santi Domínguez, quen non quixo deixar de agradecer a Kravitz que arrincara en Vigo a súa xira europea "It is time for a love revolution". O músico americano amosou o seu agradecemento e sorpresa polo obsequio.

Lenny Kravitz é un virtuoso da música que toca ata cinco instrumentos. Foi precisamente este motivo polo que o tenente de alcalde pensou que nada mellor que un instrumento da nosa tradición musical para agasallalo. Lenny Kravitz sinalou que lle parecía unha peza fermosísima e interesouse polas súas características. O tenente de alcalde, tras explicarlle que se trata dun elemento sobranceiro da música tradicional galega, invitou ao artista a que nun futuro poida incluso chegar a formar parte do seu espectáculo. Ao respecto Lenny Kravitz preguntoulle ao tenente de alcalde se sabía tocala e podería ser o seu mestre. Santi Domínguez explicoulle que non tiña os suficientes coñecementos, polo que o artista sinalou que tería que buscar un mestre.

Segundo explicaron dende o concello, trátase dunha gaita granadillo con xuntas de prata que está afinada en do; o fol é negro e verde musgo. Foi feita polo artesán Alfonso de O Rosal, un dos máis afamados na construcción de gaitas galegas. O instrumento foi entregado nun estuche de coiro. Este agasallo ten un dobre obxectivo: por unha banda supón o agradecemento ao músico por ter elixido Vigo para iniciar a súa xira, e por outra, é a felicitación polo seu aniversario, en concreto o 26 de maio, día no que cumpríu 44 anos.

Santi Domínguez expresou a súa "plena satisfacción" polo éxito do concerto de onte, que contou coa asistencia de máis de 9.000 personas, e polo gran espectáculo ofrecido polo cantante norteamericano. Destacou ademais a "absoluta profesionalidade" do artista, a súa entrega e a conexión co público vigués.

Salientou así mesmo o feito de que o Instituto Feiral de Vigo teña sexa demostrado que é un "referente mundial" para a celebración de concertos da envergadura do de Lenny Kravitz. "Onte quedou demostrado que o IFEVI está perfectamente preparado para acoller eventos tan espectaculares como o de onte", subliñou o tenente de alcalde.

    
Sobre este artículo
Publicidad
Encuesta
Hay un total de 43 votos
¿Considera necesario el aumento de la plantilla de la concellería de Urbanismo para la puesta en marcha del PXOM de Vigo?










Contáctanos | Anúnciate

Aviso legal

© ES. Comunicación Profesional '08
     Todos los derechos reservados 

Warning: mysql_query(): 8 is not a valid MySQL-Link resource in /usr/home/vigometropolitano.com/web/cowadmin/functions/sql_functions.php on line 61
Powered by: PHPCow.com