Municipios
Exterior
Magacine
Servicios
Opinión
  Inicio > Magacine > Cultura-Espectáculos > Música

O I Concurso de Bandas de Música do sur da provincia contará coa participación de 20 grupos

por Vm - 28/05/2008

O vicepresidente e deputado de Cultura, José Juan Durán, o alcalde de Ponteareas, Salvador González, e o alcalde de As Neves, Raul Emilio Castro, reúnense hoxe coas agrupacións participantes no I Concurso de Bandas de Música do sur da provincia para explicarlles as normas do certame. O acto terá lugar a partires das 20.00 horas no Salón de Plenos do Concello de Ponteareas. José Juan Durán manifestou que "esta certame nace para ampliar as posibilidades de participación das bandas da provincia", posto que o concurso convivirá coa tradicional "Certame Provincial de Bandas" que se ven celebrando desde hai oito anos no mes de outubro.

O concurso da zona sur terá lugar o 19 de xullo
e contará coa participación das bandas de A Guarda, O Rosal, Oia, Tomiño, Tui, Mondariz, As Neves, Ponteareas, Salvaterra, Arbo, A Cañiza, Covelo, Crecente, Baiona, Gondomar, Mos, Nigrán, Porriño, Redondela e Salceda de Caselas.

As bandas participantes clasificaranse en tres seccións: a primeira, tres bandas de 56 a 70 músicos; a segunda, cinco bandas de 46 a 55 músicos; e a terceira, seis bandas de 35 a 45 músicos. Cada agrupación poderá contar con tres instrumentistas alleos á formación e deberá interpretar dúas obras de libre elección, unha delas dun compositor galego. O xurado (que será diferente en cada comarca) estará composto por cinco personalidades do mundo da música e valorará, de 0 a 10, aspectos como afinación, sonoridade (dinámica, planos sonoros, equilibrios harmónicos, etc.), interpretación e técnica en cada unha das dúas obras. Finalmente, as bandas recibirán por participar 1.800 euros na sección primeira, 1.500 na segunda e 1.200 na terceira. A Deputación concederá en cada sección e por cada zona un primeiro premio de 2.000 euros na sección primeira, de 1.750 na segunda e de 1.500 na sección terceira. Os concursos

Na zona do Deza e Tabeirós e Montes o certame será o 20 de xullo con bandas de Agolada, Dozón, Lalín, Rodeiro, Silleda, Cruces, Cerdedo, A Estrada e Forcarei. En Pontevedra, o 6 de xullo, concursarán agrupacións de Barro, Campo Lameiro, Cotobade, A Lama, Poio, Ponte Caldelas, Pontevedra, Vilaboa, Bueu, Cangas, Marín, Moaña, Fornelos, Pazos e Soutomaior. En Vigo, o 12 de xullo, as bandas pertencentes ó Concello de Vigo. E finalmente, na zona do Salnés, Ulla e Umia, o concurso celebrarase o 20 de xullo contará coa participación das bandas de Cambados, O Grove, A Illa, Meaño, Meis, Ribadumia, Sanxenxo, Vilagarcía, Vilanova, Catoira, Portas, Pontecesures, Valga, Cuntis, Caldas e Moraña.

 

    
Sobre este artículo
Publicidad
Encuesta
Hay un total de 43 votos
¿Considera necesario el aumento de la plantilla de la concellería de Urbanismo para la puesta en marcha del PXOM de Vigo?










Contáctanos | Anúnciate

Aviso legal

© ES. Comunicación Profesional '08
     Todos los derechos reservados 

Warning: mysql_query(): 8 is not a valid MySQL-Link resource in /usr/home/vigometropolitano.com/web/cowadmin/functions/sql_functions.php on line 61
Powered by: PHPCow.com