Municipios
Exterior
Magacine
Servicios
Opinión
  Inicio > Magacine > Cultura-Espectáculos > Música

Young Marble Giant ofrece mañá en Vigo un dos dous únicos concertos en España

por Vm - 28/05/2008
Young Marble Giants, durante una estancia en Vigo. REMITIDA.

A banda galesa Young Marble Giants volve aos escenarios case 30 anos despois da súa separación. Os fans gañados co álbum 'Colossal Youth' en 1980 só terán dúas oportunidades de velos en España: a primeira, no Primavera Sound de Barcelona, e a segunda, en Vigo.

O mítico grupo pecha mañá xoves 29 de maio a partir das 21.30 horas a programación de primavera do sexto Festival Sinsal, que nesta ocasión, se traslada ao Teatro Caixanova, con aforo para máis de mil persoas.

As entradas están á venda a un prezo de 15 euros, cun desconto do 50% para os membros da comunidade universitaria de Vigo. As localidades poden adquirirse a través da billeteira electrónica www.servinova.com e no teléfono 902 504 500. Tamén se pode acceder co abono para todos os eventos da estación, á venda dende abril por 20 euros.

En plena resaca do punk, Young Marble Giants emparentaba co minimalismo de Joy Division e compartían algunhas coordenadas con bandas como Scritti Politti ou Cabaret Voltaire, dun xeito singular. Con influencias tan diversas como Roxy Music, Neil Young ou Lou Reed deixaron unha pegada imborrable e marcaron a varias xeracións de músicos, dende Kurt Cobain, ata Belle and Sebastian, Stereolab ou Adam Green.

Logo da súa prematura desaparición prometeron recuncar nos escenarios en 2001, coincidindo co 25 aniversario do selo Rough Trade. Iso nunca aconteceu e o mito seguiu a medrar, alimentado polas dificultades para atopar copias do 'Colossal Youth'.

O ano pasado, a discográfica norteamericana Domino Records decidiu reeditar o disco acompañando os temas orixinais con outro material disperso, un momento oportuno para a volta da banda aos escenarios.

Nova estación

A nova xeira do Festival Sinsal comezará o día 7 de xuño coa actuación dos franceses Experience nunha nova sede, o Teatro Vidal Bolaño do campus universitario de Vigo. A actuación da banda de avant rock contestatario de Michel Cloup irá precedida de Dirty Projectors e dos galegos NiñoyPistola, que presentan o seu novo disco, 'Culebra'.

Os días 28, 29 e 30 de xuño actuarán os congoleses Konono No1, os norteamericanos Sightnings e Jin Hi Kim & Gerry Hemingway, respectivamente.

    
Sobre este artículo
Publicidad
Encuesta
Hay un total de 46 votos
¿Considera necesario el aumento de la plantilla de la concellería de Urbanismo para la puesta en marcha del PXOM de Vigo?










Contáctanos | Anúnciate

Aviso legal

© ES. Comunicación Profesional '08
     Todos los derechos reservados 

Warning: mysql_query(): 8 is not a valid MySQL-Link resource in /usr/home/vigometropolitano.com/web/cowadmin/functions/sql_functions.php on line 61
Powered by: PHPCow.com