|  | | | | | Os galegos representaron a España xunto cos seus compatriotas europeos Les Percussions de Strasbourg (Francia) e Percossa (Holanda). REMITIDA. | | | |
Os galegos Odaiko Percussion Group iniciaron o pasado domingo 25 de maio unha xira polos países asiáticos. Os primeiros espectadores en coñecer o traballo deste grupo -o espectáculo 'Galician on Board'- foron os que acudiron ao prestixioso National Chiang Kai-Shek Cultural Center de Taipei.
Despois de máis de dezaoito horas de avión dende Santiago de Compostela, "o recibimento non puido ser mellor", informa o grupo a través dun comunicado de prensa. Os galegos representaron a España xunto cos seus compatriotas europeos Les Percussions de Strasbourg (Francia) e Percossa (Holanda).
O próximo concierto será en Taiwan este venres 30 de maio no citado auditorio da capital da illa ante máis de dúas mil persoas. Un segundo concerto na cidade de Kaoshiung, ó sur de Taiwán, completará o seu paso pola Taipei International Percussion Convention 2008.
|